Hai vestimentas inapropiadas para a clase

Luciano Méndez LA VERSIÓN DEL DENUNCIADO

GALICIA

19 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Quero facer pública unha breve reflexión sobre o acontecido o pasado luns na clase e sobre o publicado o mércores no xornal La Voz de Galicia. O primeiro, pedirlle perdón a alumna pola ameaza de darlle unha bofetada como resposta non a que me chamara «machista», senón a que na clase me chamara «machista asqueroso» (nótese a diferenza) e como froito da tensión da situación e dun certo apaixonamento do que me avergoño só relativamente. A violencia ou a ameaza de usala contra calquera persoa (home ou muller) paréceme sempre o último recurso, per ás veces as circunstancias desbordan a un. Polo demais, manteño con absoluta firmeza todas e cada unha das cousas que dixen ese día na aula. Hai vestimentas que considero absolutamente inapropiadas para asistir a unha clase de matemáticas, mírese como se mire. Ou ben cambiamos as regras do xogo, ou ben se modifican os patróns sexuais nos que somos educados, ou senón a min vai a seguir alterándome un escote excesivo (e disto si que non me avergoño nadiña). Se as autoridades competentes veñen e me din, mira, hoxe vanche vir á clase un grupo de chicas en pelotas, eu diríalles, bueno, está ben, pero mirade, témome que a calidade matemática das miñas clases diminúa notoriamente, sobre todo mentres non me acostumbro á nova situación. Agora ben, se o detalle da calidade docente carece de toda importancia, por favor, que pasen. Confío en certa responsabilidade por parte de todo o mundo para non usar este altercado para facer espectáculo con temas tan serios como o machismo e a violencia machista. Eu, que non son sexista en absoluto, recoñezo que o feminismo frívolo atragántaseme considerablemente, paréceme que lle resta credibilidade a unha loita que considero respectable e profunda.