Os restos de Neira Vilas repousan en Bonaval

O autor de «Memorias dun neno labrego» será soterrado mañá sábado en Vila de Cruces


Santiago

A noite xa caía sobre Santiago de Compostela cando os restos mortais de Xosé Neira Vilas subían este venres a escalinata de San Domingos de Bonaval, onde quedou instalada a súa capela ardente. Una salva de aplausos acolleron o cadaleito do autor de Memorias dun neno labregofalecido a pasada noita na súa casa de Gres, en Vila de Cruces, á idade de 87 anos.

Persoas como o secretario da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez, o músico Roi Casal, o dramaturgo Cándido Pazó levaron o féretro sobre os ombreiros ata o interior da igrexa, ao igual que fixeron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ou o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. Tamén estivo presente o conselleiro de Cultural, Román Rodríguez, quen destacou ao finado galeguista como o punto de inicio de moitas xeracións á lectura en galego, así como Vítor Freixanes, director da editorial Galaxia, ou a catedrática Margarita Ledo ou Xavier Vence, portavoz nacional do BNG.

Na capela de Bonaval, ao carón do Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos de Rosalía de Castro, Castelao ou Ramón Cabanillas, poderáselle render a última homenaxe a Neira Vilas até a medianoite de hoxe. Mañá reabrirá a capela, entre as 9 e as 16.30, pois a esa hora sairán os restos con destino a Vila de Cruces, onde será soterrado ás 17.30 horas.

Á capela ardente empezaron a chegar flores e recordos dende diferentes puntos de Galicia. Unha gran coroa da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultura Vista Alegre, de Silleda, e de varios colexios. E xunto do cadaleito lucía unha caricatura do galeguista, feita en 1997, e moi pertiño tamén un debuxo enviado por una cativa do colexio Raiola, de nome Lía, no que retrata a Balbino, «un neno de aldea, como quen dis un ninguén», o personaxe inmortal de de Memorias dun neno labrego.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Os restos de Neira Vilas repousan en Bonaval