Manuel Martínez: «Empeza a miña cacería, pero a min non me farán un Orozco»

E. G. S. LUGO / LA VOZ

GALICIA

ALBERTO LÓPEZ

El regidor de Becerreá había avisado varias veces de que no cedería facilmente su candidatura

24 jun 2015 . Actualizado a las 13:26 h.

Está vinculado ao PSOE dende 1979, e, nas súas filas, ten unha xa longa traxectoria institucional. Manuel Martínez (Baralla, 1954) foi deputado no Congreso entre 1985 e 1993, é alcalde de Becerreá dende o 2007 e deputado provincial dende 1999. Nos dous últimos mandatos formou parte do goberno provincial, no que foi voceiro do grupo socialista e dirixiu a área de Vías e Obras. Cre que se acaba de iniciar a súa cacería política e avisa de que non a el non lle farán «un Orozco».

-¿Que lle di ao BNG da imputación que pesa sobre vostede?

-Eu non estou imputado por corrupción, senón por unha decisión técnica, pola modificación dun proxecto con base en informes técnicos, así que me tocou a min como lle puido tocar a calquera outro deputado.

-A presión puido con Orozco e renunciou á alcaldía....

-Orozco levaba anos aguantando unha cacería; a miña acaba de empezar e non estou canso. Esta peza de Lugo non a van cazar. Non vou ceder. A min non me van facer un Orozco.

-O BNG gobernou con vostede na Deputación desde que se produxo a imputación. ¿Entende a postura que adoptou onte?

-O Bloque ten que decidir se quere gobernar en Lugo ou non. Teñen unha postura hipócrita porque eles teñen imputado a un alcalde e non dimite. Para min as liñas roxas márcaas o meu partido. Non vou ceder. Podemos discutir programas e políticas, pero non imos tolerar que lle digan ao PSOE quen ten que ser presidente.