Otero Pedrayo, fundador do selo, foi membro do xurado na súa primeira edición

La Voz

GALICIA

25 jul 2013 . Actualizado a las 15:46 h.

O Premio Fernández Latorre foi instituído en 1959, en memoria do fundador de La Voz de Galicia, e ten carácter anual. Durante a súa primeira etapa distinguía artigos xornalísticos sobre Galicia publicados en calquera medio de comunicación, nacional ou estranxeiro.

Desde 1997, no 115.º aniversario do periódico, establecéronse tres categorías: prensa, radio e televisión e medios audiovisuais. Foi xa no no ano 2003 cando se volveu ao formato tradicional e desde ese momento non se limita a textos periodísticos, senón que recoñece tamén traxectorias persoais e profesionais.

A relación entre o galardón e os intelectuais galegos vencellados á editorial Galaxia é moi estreita desde a súa creación. Xa na primeira edición do premio foi membro do xurado o académico e escritor Ramón Otero Pedrayo, un dos fundadores do selo e primeiro presidente de Editorial Galaxia.

Autores galardoados

E, entre os galardoados ao longo deste medio século, destaca a presenza significativa de nomes moi vinculados ao labor de Galaxia, como Carlos Casares (1983), Ramón Piñeiro (1990), Francisco Fernández del Riego (1994), Domingo García-Sabell (1998) ou Víctor Fernández Freixanes (2002).