Touriño: «Un dos maiores erros foi meter a Pachi Vázquez no Goberno»

Carlos Punzón
carlos punzón REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

El expresidente asegura en su libro que sufrió un golpe de mano en el PSdeG cuando perdió. Mantiene que Quintana tejía redes clientelares

16 nov 2012 . Actualizado a las 13:13 h.

Cuando Emilio Pérez Touriño decidió llevar a cabo las memorias políticas de su acceso y salida del poder tuvo claro que con sus recuerdos escritos levantaría ampollas, sobre todo entre los que lo acompañaron en su etapa de secretario general. «Tengo pocos amigos en el PSOE, pero cuando salga el libro no me va a quedar ninguno», aseguran que dijo. A lo largo de las 476 páginas que forman la denominada Memoria. O Futuro é posible. Retrato dun tempo de cambio, editada por Galaxia, y que será presentada la próxima semana, el expresidente traza una radiografía de infinidad de personajes políticos, analiza los momentos cumbres de Galicia entre 1998 y el 2009 y analiza sus campañas electorales, comicios y su propio proyecto político «dun tempo apaixonante no que aprendín a querer aínda máis a miña terra a os meus paisanos».

«Fraga, un lastre ao final»

«Sempre lle recoñecín publicamente a súa contribución positiva nos primeiros anos de Goberno. Non se pode negar que achegou presenza, solvencia e estabilidade a Galicia como autonomía. Pola contra, o tramo final viuse marcado por un forte declive político, no que a súa achega era o reverso negativo da moeda: convertérase nun pesado lastre para un país en cambio».

«Xantares secretos entre Beiras e Fraga»

«Ao seu aireado xantar con Fraga do 9 de xaneiro do 2002, ao que sucederían outros, algún deles secreto, pactaron establecer un diálogo institucional estable». «O personalismo de Xosé Manuel Beiras, que sempre estivo moi por riba da media, volveu xogarlle unha vez máis unha mala pasada, pois lle impediu entender e asumir o fracaso electoral do 2001».

«Galicia, sen rumbo co 'Prestige'»

«Durante aqueles días, Galicia estivo sen rumbo, sen dirección e sen Goberno». «O Prestige fixo que quebrasen a unidade e a cohesión do partido [PP], facendo que aflorase a división entre boinas e barretes». «Foi o final político de Cuíña tras a oportuna filtración dende as filas do seu propio partido sobre a xestión dos seus negocios familiares e a venda de materiais para a limpeza das praias». «Zapatero, gratamente impresionado pola magnitude do movemento Nunca Máis, non compartía de todo que o PSdeG non se involucrase máis directamente na súa organización e capitalización».

«Pachi Vázquez, unha das miñas equivocacións»

«Decidín incorporar á secretaría provincial do partido en Ourense ao alcalde do Carballiño, Manuel Vázquez, que procedía do CDS. Unha decisión certamente importante e fortemente desaconsellada por Antón Louro e os compañeiros que estiveran desde o principio no proxecto nacido no congreso de Ourense» [1998]. Desconfiaban da forma de traballar de Pachi Vázquez, que a moitos dos seus críticos lles lembraba á de Baltar». «Os comezos de Pachi non foron precisamente os mellores e non auguraron nada bo». [Sobre Pachi Vázquez y Ricardo Varela] «Unha das miñas maiores equivocacións foi ceder ante a presión dos máis importantes dirixentes do partido permitindo que o secretario de Organización [Varela] e algún coordinador provincial [Pachi] entrasen no Goberno». «Os comportamentos e falla de compromiso de ambos dirixentes que, en vez de cumprir cos seus deberes á fronte da organización, acompáñandome responsablemente na tarefa de aglutinar e vertebrar Goberno e partido, dedicáronse preferentemente a xestionar apoios e a tecer a súa propia rede na organización aproveitando en boa medida a súa posición no Gabinete». «A pasividade e a distancia, milimetricamente calculadas, marcaron a súa actitude cara o Goberno e o seu presidente».

«Magdalena Álvarez, sen cintura»

«Era unha ministra de carácter forte e impulsivo, escasamente dotada da cintura política esixible». «Estou farta do Plan Galicia de mer... Aseguroume que nunca chegara a pronunciar aquelas palabras tal e como se lle atribuían».

«Oferta para incorporarme ao Goberno de Rodríguez Zapatero»

«Dixo que barallaba o meu nome para as carteiras de Agricultura ou Fomento. Non tiven que reflexionalo demasiado». «Tivo que pasar bastante tempo para descubrir que naqueles días José Blanco organizara en Lugo un xantar cun núcleo moi reducido de dirixentes do PSdeG no que argumentou a conveniencia da miña incorporación a Madrid porque non lle parecía o home axeitado para o proxecto do PSdeG». «Para Galicia manexaba a opción de Orozco». «Pareceume dunha deslealdade e maquiavelismo insuperables».

«Pacto co BNG, falto de salvagarda da unidade»

«[Faltaron] compromisos explícitos en relación coa tarefa de goberno, a salvagarda da unidade de acción e sobre os seus mecanismos de funcionamento». «Decateime, como todos os lectores da prensa diaria, de que o meu Goberno decidira aprobar unha retribución de 600 euros ao mes ás mulleres galegas vítimas de malos tratos. O salario da liberdade». «En demasiadas ocasións [Quintana] utilizou o Goberno para crear unha rede de apoios, con tinguiduras populistas e clientelares».

«Actitude incapaz e pasiva no PSdeG»

Gardo o peor recordo daquela campaña [la del 2009]. «Os conselleiros cualificados como independentes foron literalmente excluídos da campaña» [por el núcleo del partido liderado por Ricardo Varela]. «Unha das máis graves consecuencias de aquela actitude entre incapaz, pasiva e desganada, foi o silencio á hora de contestar a infame campaña desencadeada polo PP contra o candidato socialista, retratado como un malgastador amante do luxo». «Cada vez inclínome máis a pensar que aquilo foi un golpe de man dun aparato para quen era máis importante que gañar ou perder as eleccións, debilitar a un secretario xeral que non controlaban e do que se temían que lanzase unha operación de renovación que necesariamente pasaba por eles». [Tras perder las elecciones] «Ricardo Varela me dixo que a miña presenza no Parlamento lles desgustaba e non querían verme alí. Contesteille que tamén a min me desgustaba velo alí, pero que o soportaría».