«Algúns terán problemas para ver se defenden Ferrol e Vigo ou San Fernando de Cádiz»

La Voz

GALICIA

18 sep 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Tras encabezar o grupo que demandaba apertura e cambios no BNG, Aymerich rescata para a súa formación o título de «casa común do nacionalismo». Pese a non querer entrar en terreos de outros partidos, avisa: Non recoñece xa os seus antigos compañeiros de Máis Galiza e prevé conflitos entre Anova e Esquerda Unida.

-Xa que agoira a concentración do voto en torno ó BNG, ¿Prevé un mal futuro ós que se foron coas siglas de Máis Galiza?

-Eu creei unha corrente no BNG e a xente que marchou fixo outra cousa. Creamos unha equipa de fútbol e eles agora xogan ao baloncesto. No BNG hai espazo para formar un nacionalismo con vocación hexemónica.

-Nesa construción, Beiras semella atopar na esquerda un aliado antes impensable.

-O BNG si que non ten dependencias foráneas. Nós non imos dubidar cando se trate de defender, por exemplo, o naval galego, outros van ter algún problema á hora de definir si defenden antes ou non ó naval de Vigo e Ferrol ou o de San Fernando de Cádiz.