Feijoo: «Galicia non pedirá rescate, está blindada contra a intervención»

Manuel Cheda SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

«É razoable abrir o debate sobre o sistema bicameral»

22 jul 2012 . Actualizado a las 22:10 h.

Galicia non é Valencia e Rajoy non é Zapatero, vén dicir o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo (Os Peares, 1961), neste tramo final da lexislatura. A comunidade que el goberna fixo os deberes e España, pese á conxuntura, irá mellor co líder do PP que co ex do PSOE, sostén.

-A bolsa en picado, a prima de risco en 610, o interese do bono a 10 anos rozando o 7,3 %... Semella que só falta que empece a tocar a orquestra do «Titanic».

-Esa foto dá unha imaxe de que estamos nunha situación económica excepcional, si.

-¿Non se está a afundir España?