«Hai unha corrente no BNG que ten cada vez máis forza e que quere outro camiño»

Mario Beramendi Álvarez
mario beramendi SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

O portavoz parlamentario di que seguirá na fronte pase o que pase

27 ene 2012 . Actualizado a las 11:56 h.

Líder de Máis Galiza e portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich Cano (Vigo, 1967) encabeza a candidatura á Xunta da plataforma alternativa á Unión do Povo Galego (UPG), unha alianza da que forman parte tamén os irmandiños. O luns milleiros de afiliados do Bloque terán que elixir entre el e Francisco Jorquera como cartel electoral das próximas autonómicas.

-Moitos son os que cren que o BNG xoga esta fin de semana gran parte do seu futuro...

-Unha asemblea na que hai 5.300 militantes inscritos en si xa é un éxito. Non habería tanta xente se o BNG non valese a pena. Parte desa mobilización, dese éxito, obedece a que hai unha alternativa. En xogo está conquerir un Bloque renovado, que queira ser alternativa de goberno ou seguir como ata agora.