«Hoxe somos a única forza de esquerda»

La Voz

GALICIA

30 ene 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

En novembro do 2009, Mais Galiza, a corrente de Aymerich, celebrou o seu congreso fundacional.

-¿Pensa que o seu grupo contribuíu a renovar o BNG?

-As cousas no Bloque xa empezaron a mudar co acontecido en maio de 2009 na asemblea. Por vez primeira chegouse ao final.

-¿É vostede benevolente coa UPG para non perder as súas expectativas de ser candidato?

-Se a miña preocupación fora ser o candidato non tería liderado unha alternativa. Xa fun belixerante cando tiven que selo.

-¿Por que renunciou entón a súa corrente a facer unha asemblea antes das municipais?

-Esa convocatoria foi unha proposta nosa. E partiu nos termos dun consenso. Non se podía ir a un proceso de confrontación antes das municipais. Falamos con uns e outros e vimos que non se daban as condicións.

-Iso era bastante previsible que sucedese...

-Había que facelo. Tiñamos que visualizar á xente, quen estaba pola concordia e quen non.

-¿Están dispostos a impulsar cambios da man do Encontro Irmandiño?

-Cando falo de chegar a grandes consensos non exclúo a ninguén. E menos aos Irmandiños.

-¿Cre que a xestión de Zapatero pódelle pasar factura ao PSdeG e poñer en perigo os bipartitos?

-Podería ser nas cidades. Nós temos que traballar para recoller ese voto descontento. Hoxe o BNG e a única forza de esquerda en Galicia. Hasta militantes do PSOE téñenme dito que no seu partido queren que traguen con políticas aparentemente de esquerdas que en realidade son da dereita.

-¿Iso vale para o PSdeG?

-Claro, está supeditado a Madrid contra Galicia. BNG e PSdeG están chamados a construír xuntos unha alternativa, pero estas non son as mellores condicións.