«É unha iniciativa moi ben deseñada, serei a primeira en comprar os libros»

La Voz

GALICIA

15 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Luisa Castro valora «unha iniciativa moi ben deseñada e moi ben pensada» que lle resulta atractiva. «Serei a primeira en comprar os libros e as entregas», asegura. Ao repasar a relación de vinte autores seleccionados e o percorrido que aborda a serie histórica, a poetisa e novelista lucense, sinala que a serie «traza unha panorámica moi completa e cun punto de vista moi ben escollido, pois cada un destes autores supón unha contribución á literatura e á cultura galega indiscutibles».

Para Luisa Castro é moi difícil quedar cun único autor dos vinte que figuran na colección que ofrecerá La Voz, «porque todos son moi bos». Pero, «por gustos propios», inclínase por escoller catro nomes de entre os imprescindibles: Celso Emilio Ferreiro , Ánxel Fole , Álvaro Cunqueiro e Rosalía de Castro .

Salienta, porén, que parte da importancia deste conxunto de antoloxías radica no feito de que se lle podan achegar aos lectores determinados escritores que son importantes nas nosas letras, pero que non son tan populares e habituais nos estantes coma Castelao ou Rosalía. «Penso que todos eles son imprescindibles, pero os que se coñecen menos seguramente son os máis necesarios nesta serie, e os que fan desta colección algo importante para a cultura galega», conclúe a escritora.