O BNG pide a dimisión de Anxo Lorenzo polo decreto do galego

Redacción dixital

GALICIA

A formación nacionalista califica o borrador de «aldraxe» á lingua e asegura que a mesma non respecta a Carta Europea das Linguas Minorizadas.

04 ene 2010 . Actualizado a las 16:31 h.

Os deputados do BNG, Carme Adán e Bieito Lobeira, quenes compareceron en rolda de prensa para avaliar o decreto que regula o uso do galego no ensino non universitario, o cualificaron de «aldraxe», afirmando que o mesmo «non respecta a Carta europea de linguas minorizadas». Ambos deputados pediron no Parlamento galego a inmediata dimisión do secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo por «mercenario contra a lingua galega e trasladar o conflito da lingua galega ás aulas con posturas extremistas reflectidas nun decreto no que o alumnado galego é o grande esquecido».

Lobeira criticou que este decreto fora presentado a finais de ano e no nome dunha «suposta liberdade» cando o que realmente existe -dixo- é «un ataque sen paliativos contra a lingua galega na nosa propia terra e para o futuro».