O 63% dos galegos cre que o cambio na Xunta está sendo positivo

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

La Voz de Galicia publica hoxe unha enquisa con motivo dos cen primeiros días do novo Goberno.

25 jul 2009 . Actualizado a las 00:16 h.

A Xunta do PP obtén unha cualificación media de 5,59 puntos sobre 10 nunha enquisa realizada por Sondaxe, que hoxe publica La Voz de Galicia, con motivo dos cen primeiros días do novo Goberno.O PSOE logra un 4,09 e o BNG, un 3,05.

O 53,7% dos enquisados consideran o cambio na Xunta positivo ou moi positivo, mentres que o 20,04% xúlgao negativo. Por provincias, o Goberno alcanza a valoración mías alta en Ourense (5,92), seguida da Coruña (5,61), Lugo (5,53) e Pontevedra (5,40). Feijoo, cunha nota de 6,05 é o único líder aprobado.