O pai do secretario xeral de Relacións Institucionais será enterrado hoxe en Xove

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

GALICIA

08 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Eduardo Losada Lage, pai do secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada, morreu onte na Coruña aos 74 anos de idade, vítima dunha enfermidade. Os seus restos foron trasladados á localidade lucense de Xove, onde a familia ten a súa residencia, e hoxe recibirán sepultura no cemiterio parroquial de San Pedro de Xuances, no mesmo municipio. A comitiva fúnebre partirá ás cinco da tarde da capela ardente instalada no tanatorio San Bartolomé cara á igrexa de Xuances, onde se oficiarán os funerais.