O FINAL DA FERIDA

La Voz

GALICIA

CAMILO FRANCO OPINIÓN

03 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Vilagarcía está moi lonxe para chegar en patera. Sen embargo, convertiuse no final dunha ferida que lentamente destila sangue negro. Coa teimosía da desesperación van chegando, agachados entre os troncos mortos das árbores inmensas. E miran a costa de Arousa sen acabar de crer que estea tan preto. Como nos grandes almacéns, poden mirar pero non tocar. Así que se lles multiplicará a desesperación e o medo que nunca marcha e así, en espiral, ata que calquera veneno lles saiba á cervexa feliz que tomarías, muchacho, se te deixaran baixar como mereces.