Así se juega al fútbol en A Mariña
Los 15 entrenadores de los equipos de la comarca explican el método con el que tratarán de alcanzar el éxito esta temporada
Lucas Cabana, entrenador del Sporting Pontenova a los 23 años, y Jaime Pérez, el técnico de la Candelaria a los 71, serán enemigos esta temporada en Segunda Futgal. Es solo uno de los contrastes que se podrán apreciar este curso en A Mariña. 16 equipos y 15 entrenadores —Julio Castro compaginará sus funciones en el Burela y el Río Ouro— y un sinfín de caminos al éxito. Solo dos equipos, el Viveiro con Marcos Pereiro y el Iberia con Roberto Ramallal, estrenarán técnico, mientras que el resto darán continuidad a los proyectos con los que finalizaron la última campaña. Así ven los protagonista el fútbol.
Marcos Pereiro (Láncara, 1994), entrenador del Viveiro CF en Tercera Federación
Sistema de juego preferido: «O sistema está mais supeditado ao perfil de xogadores e os seus comportamentos que a unha crenza nun sistema por riba de outros, pero o 3-4-3 e o 4-2-3-1 son os que máis empreguei como adestrador».
Entrenadores de referencia: «Como adestradores referentes, sempre intentas quedarte con todo o que ves e adaptalo á túa idea. Por citar algún: a nivel defensivo Gasperini e a nivel ofensivo Glasner».
Así define su estilo preferido: «Gústanme o xogo vertical e a presión avanzada como principais señas de identidade. Que os meus equipos controlen o espazo e o ritmo de partido, e doulle moita importancia ao traballo sen balón e a presión tras pérdida».
Julio César Castro (La Bañeza, León, 1977), entrenador de la SD Burela en Preferente y la AD Río Ouro en Tercera Futgal
Sistema de juego preferido: «Levo anos utilizando o 4-2-3-1, pero tamén empreguei o 4-3-3. Ofrécenme moitas variantes. Por exemplo, no Burela hai moito medio e pouco punta, e iso permíteme xogar con interiores que chegan, extremos versátiles e a veces meterse por dentro os laterais».
Entrenadores de referencia: «Son un adestrador que pensa que a xestión do vestiario, facer sentirse ben aos xogadores, é moi importante. Fíxome en perfís como Ancelotti, Míchel...».
Así define su estilo preferido: «O que máis me gusta é un estilo dinámico, no que se dean situacións de que centra un lateral e remata o outro, por exemplo. Saír en curto para atraer ao rival, non para amasar o balón, e ser profundos. Non dar 50 toques se non son necesarios. Tamén me gustan os equipos que apretan forte tras perda, pero por encima de todo, gústame gañar, e no Burela o ano pasado tiven que facer o contrario».
Dani Moirón (A Pontenova, 1987), entrenador del Ribadeo FC en Primera Futgal
Sistema de juego preferido: «Eu son un clásico, o meu sistema preferido de xogo é o 1-4-4-2».
Entrenadores de referencia: «Os meus adestradores referencia, nos que mais me fixei e cos que mais identificado me sinto son: Luis Aragonés e Julio Diaz».
Así define su estilo preferido: «Eu quero un equipo rocoso o cal sexa moi dificil gañarlle e facerlle gol. Comezar a construir dende atrás, e defender o que que considero un tesouro ao iniciar cada partido que é o 0 na nosa porteria».
Pelayo Barrero (Mieres, 1992), entrenador del CD Foz en Primera Futgal
Sistema de juego preferido: «No sigo un esquema al uso, solemos usar en fase defensiva 4-2-3-1 y 4-4-2, y en fase ofensiva salida de cuatro o de tres dependiendo del rival y de los jugadores disponibles».
Entrenadores de referencia: «He leído mucho sobre diferentes estilos, metodologías... Quizás ahora a los que más sigo son Luis Enrique, Emery, Guardiola, Flick, Marcelino y Bordalás, y luego a nivel de Primera-Segunda RFEF uno que sigo bastante es Yago Iglesias».
Así define su estilo preferido: «Apuesto por juego combinativo para el aprovechamiento de espacios y generar ventajas en aquellas zonas o con jugadores que nos interesen. Sin balón, equipo en bloque medio y buscar presionar para tener el balón lo más pronto posible».
Rubén Acebedo (A Pontenova, 1988), entrenador del Atleti Lourenzá en Primera Futgal
Sistema de juego preferido: «O sistema depende: pode ser un 1-4-3-3 ou un 1-3-5-2».
Entrenadores de referencia: «Gustábame moito o Liverpool de Klopp».
Así define su estilo preferido: «Gústame que os meus equipos cheguen con poucos pases e o mais rápido posible á portería contraria e, tras perda, presión inmediata e, se consiguen sair, rapidamente todo o equipo por detrás do balón».
Manuel Vicente López (Viveiro, 1977), entrenador de la UD Folgueiro en Primera Futgal
Sistema de juego preferido: «Non teño un esquema predefinido, adaptamos o esquema ás necesidades do equipo, aínda que primordialmente nos movemos no 1-4-3-3 e o 1-3-5-2. Despois en función da altura do campo serán esquemas mais ofensivos ou máis defensivos».
Entrenadores de referencia: «Coas redes sociais sempre saen cousas das que podes tirar e sempre colles recurtes de adestradores cos que coincidín tanto na etapa de xogador como no proceso de formación. A nivel profesional fíxaste nos equipos de Guardiola sobre todo, agora de Luis Enrique, De la Fuente, Emery…. Agora miro moito a Giráldez porque me encanta a súa aposta e a forma de xogar. A nivel local con Miguel Sancosmed entendín moitas cousas, de Pablo Iglesias aprendín unha forma de adestrar maravillosa, e de Gayol pouco hai que decir que non estea dito xa».
Así define su estilo preferido: «Son da opinión de que os estilos dos equipos depende dos perfís dos xogadores e o desenrolo da tempada. O equipo que teño no Folgueiro e o campo permiten facer un xogo combinativo para xerar ocasións de gol cunha aposta sobre a presión alta para estar máis preto das zonas de perigo».
Rubén Sanjurjo, Piru (Vilalba, 1980), entrenador de la UD Xove Lago en Segunda Futgal
Sistema de juego preferido: «Non creo moito nos esquemas, porque todos na pizarra quedan e sae todo á perfección, pero decántome polo 1-4-2-3-1 ou o 1-4-4-2 e son moi reacio a xogar de tres centrais a non ser que sexa algo puntual ou por alguna situación de xogo requerida polo partido».
Entrenadores de referencia: «A nivel internacional gústame Klopp, Simeone, o carácter de Flick e admiro a Bordalás… Pero os meus referentes para ser mellor adestrador son dous que tiven de xogador e que realmente admiro de verdad e son Gayol e Alberto López».
Así define su estilo preferido: «A min gústame que os meus equipos sexan moi intensos con balón e sen balón, sendo moi verticais e con transicións moi curtas e moi rápidas, dando máxima prioridade á portería a cero (cousa que para min e básica e que gusta pouco)».
Roberto Ramallal (Riotorto, 1973), entrenador del Iberia CF en Segunda Futgal
Sistema de juego preferido: «Non teño modelo definido nin sistema ningún de xogo. Os xogadores pregúntanme cando vou a un equipo como imos xogar e sempre respondo que non teño nin idea, que xa mo dirán eles no día a día».
Entrenadores de referencia: «Non teño ningún referente, bebo de todas as fontes, pero gustaríame ver traballar a Guardiola, Bordalás, Bielsa… E tamén a moitos que nin coñezo nin gañaron nada nunca pero que traballan de maniera espectacular. Estou a anos luz da idea de que gañar títulos significa ser bo adestrador».
Así define su estilo favorito: «Parto da premisa de que o xogador é o xogo. Nos adestramentos observo e analizo as características dos xogadores e a partir de aí creo as posibilidades de interacción».
Javi Méndez, Chinchón (Foz, 1978), entrenador del CD Alfoz en Segunda Futgal
Sistema de juego preferido: «Non teño ningún esquema fixo. No Alfoz atopei un grupo de xogadores que permiten usar un 3-5-2 ou 5-3-2 con dous carrileiros longos debido ás características dos dous carrileiros que temos. Noutros equipos adapteime a outros perfís».
Entrenadores de referencia: «Mamei moito con Jesús Gayol, quedáronme moitas cousas del porque compartín moitos anos e fixeime moito en como traballaba e como non. Teño cousiñas del, ou gustaríame telas. Dos actuais, por cercanía, diría a Giráldez, pero tamén me gustaron sempre moito Luis Enrique e Emery. Son todos moi distintos, pero gústame coller cousas dos mellores. Tamén me fixo moito en Bordalás, Eder Sarabia, Guardiola...».
Así define su estilo favorito: «Gústame un fútbol vertical, chegar rápido á portería. Quero equipos intensos, ben ordenados, que corren e xogan hacia a portería contraria. Despois dependes das características dos teus xogadors, pero quero equipos ordenados, verticais e ben traballados tacticamente».
Rubén Donato (Caxinas, Portugal, 1982), entrenador del Celta Barreiros CF en Segunda Futgal
Sistema de juego preferido: «1-4-1-3-2».
Entrenadores de referencia: «Gústame fixarme en Jorge Jesús».
Así define su estilo favorito: «Ofensivamente iniciamos en curto, con portero e centrais. Gústanos ter moita profundidade no xogo, un fútbol combinativo, pero sen abusar de pases doados ou inútiles. Intentamos ser o máis verticais posible dentro dese xogo combinativo, sen chegar a facer un fútbol directo. Buscamos meter ao rival no seu propio campo. Defensivamente apertamos arriba, por pares, con marcaxe férreo. Intentamos forzar o erro do rival e, se non o conseguimos, recuperar o balón o máis arriba posible, o máis preto posible da área rival, para finalizar rápido. Somos un equipo ao que lle gusta transitar, transitar, transitar e cun rigor físico grande».
Lucas Cabana (A Pontenova, 2003), entrenador del Sporting Pontenova en TERCERA Futgal
Sistema de juego preferido: «1-4-4-2. Creo que é o máis completo e o que máis variantes permite á hora de adaptarse ás necesidades dun partido».
Entrenadores de referencia: «O meu adestrador de referencia é Yago Iglesias, sobre todo pola maneira que ten de entender e explicar o xogo. Pero tamén teño que mencionar a Joel Vasco en canto formación e a Dani Moirón, veciño meu da Pontenova, en canto a fútbol rexional».
Así define su estilo favorito: «En canto ao modelo de xogo, gústame moito combinar o xogo directo co combinativo. É dicir, atraer para despois atacar a profundidade. Canto máis lonxe estea o balón da miña portería, menos perigo me poden xerar e, en caso de perder o balón, podo apertar arriba, a 70 metros do meu porteiro, pero como digo sen renunciar a iniciar en curto . Encántame apertar home a home arriba. Teño unha seña de identidade moi marcada, os meus equipos non corren, voan no campo, a intensidade non se negocia».
Jaime Pérez (Burela, 1955), entrenador de la SD Candelaria en Segunda Futgal
Sistema de juego preferido: «O que máis uso é o 4-3-3».
Entrenadores de referencia: «Debo ser o máis antigo dos adestradores que quedan en activo. Teño un montón de referentes, pero xa son moi antigo».
Así define su estilo favorito: «O estilo moitas veces está reñido co equipo que tes. O máis importante para min é o compromiso, que haxa un bo grupo que traballa pola semana. Despois, este ano temos sete xogadores ofensivos que se nos foron, así que teremos que facer un xogo confiando máis na nosa defensa».
Nico Veiga (Barreiros, 1980), entrenador del Mondoñedo FC en Segunda Futgal
Sistema de juego preferido: «Utilizo varios. 4-4-2, 4-1-4-1 ou 4-2-3-1 en función dos xogadores que teña no equipo».
Entrenadores de referencia: «Gústame mirar adestradores da zona. Sempre me gustou moito desde que adestraba en categorías inferiores Burunda no Foz, polo rendemento que lles sacaba aos chavales, así como Edu de Viveiro ou Anxo cando estaba no Folgueiro e Gayol loxicamente. Cada un no seu estilo».
Así define su estilo favorito: «Non creo que teña un estilo propio, adáptome aos xogadores que teño e á categoría na que estamos».
Félix Martins (Alcañiz, Teruel, 1979), entrenador del CD San Ciprián en Tercera Futgal
Sistema de juego preferido: «Gústanme o 4-3-3 e o 4-4-2».
Entrenadores de referencia: «De tódolos adestradores saco cousas positivas».
Así define su estilo favorito: «Sobre todo, quero ter xogadores de banda que busquen o un contra un e que os de dentro queiran o balón. Tamén que os defensas sexan atrevidos coa pelota. E o porteiro un adestrador dentro do campo».
Martín Rodríguez (Celeiro, Viveiro, 1977), entrenador del Celeiro Club del Mar en Tercera Futgal
Sistema de juego preferido: «O fútbol evolucionou e os equipos xogan dunha forma con balón e outra sen el. Se teño que decir un coas suas variantes, sería o 1-4-3-3 porque o podemos variar o 1 -3-4-1-2 ou 1-5-4-1. Tamén son moito de adaptarme aotipo de xogadores que temos. Tiven tempadas con 1-4-3-1-2 e foi moi efectivo».
Entrenadores de referencia: «Cando estaba en idade xuvenil coincidín con Gerardo Molina e marcoume. Entre os máis coñecidos, sinalaría a Iraola por como se adapta aos xogadores».
Así define su estilo favorito: «Sempre me gusta un equipo que poida asumir varios rexistros, porque nun partido sempre hai moitos partidos ou momentos. Quero un equipo que saiba xogar o balón cando ten a posesión, un equipo que saiba defender xunto cando non o ten e sexa capaz de recuperar rápido nas zonas que me gustan. Se hai posibilidade, contragolpear en dez segundos, e tras perda, recuperar en cinco ou senón repregar».