Os verdes: os bos e xenerosos

Mario Pillado

FUTBOL GALLEGO

Gran ambiente nas gradas da Marosa durante un partido deste curso.
Gran ambiente nas gradas da Marosa durante un partido deste curso. PEPA LOSADA

Escribo estas liñas antes de comezar a fin de semana, que desta volta está claramente marcada por celebrarmos as nosas letras, o noso idioma e a nosa cultura.

En Burela contaremos coa presenza de varios centos de palilleiras, presenciaremos ós nosos veciños e veciñas que están chamados a participar nas eleccións lexislativas de Cabo Verde e celebraremos co Mago Antón 50 anos de maxia.

Pero se algo temos na cabeza, se algo nos ten dende fai días espectantes é o partido deste domingo ás seis da tarde na Marosa.

O colectivo máis antigo da vila, que vai facer xa 60 anos, xógase a permanencia en Preferente Galicia. Un grupo de rapaces, estudantes e traballadores, liderados por un equipo directivo exemplar na xestión e cun proxecto xenial.

Se non se consegue o obxectivo non vai pasar nada, o proxecto segue en Primeira Galicia. A veciñanza de Burela seguiremos sentindo este tremendo orgullo que temos polo grupo de rapaces e rapazas que forman esta familia que temos na Marosa.

O que de verdade está en xogo é ver que é posible este modelo de xestión deportiva, que compite con equipos con moitos máis medios e recursos. Que é posible estar en Preferente con chavales que non cobran un peso fronte a planteis de categoría incluso superior que se moven de xeito lícito polo que cada club lles pode aportar economicamente. Máis deporte afeccionado e de base, máis SD Burela.

Un exemplo no que deberan mirarse outras institucións deportivas, algunhas delas con serios problemas. 

Todos á Marosa!!! Arriba Verdes!!!!

Mario Pillado é tenete de alcaldesa e socio familiar da SD Burela.