Juventud Cambados e Vilalonga xogan en Burgáns e o Umia recibe o Gran Peña

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

OSCAR VIFER

É unha xornada de alto interese no Subgrupo C Sur da Preferente Galicia

02 may 2021 . Actualizado a las 11:39 h.

Xornada de alto interese a de hoxe no Subgrupo C Sur da Preferente Galicia, como todas as que ofrece o formato exprés ideado pola Real Federación Galega de Fútbol para poder reactivar o fútbol modesto esta tempada entre vagada e vagada pandémica.

O Umia C.F. encárgase de abrir a xornada, a sétima das dez das que consta esta primeira fase do campionato, recibindo desde as 12 no Campo da Bouza de Barrantes o Gran Peña. Cuarto con 9 puntos, o cadro local está obrigado a derrotar a un adversario un posto e 2 puntos por enriba, ocupando neste momento a praza con dereito a pelexar polo posto galego na previa da vindeira Copa do Rei.

Pola súa banda, o Juventud Cambados e o Vilalonga mídense desde as cinco en Burgáns. O cadro local, logo de sumar os seus 7 puntos nas tres últimas xornadas; o visitante, lucindo o liderado con 12 puntos dos 18 posibles.