O Juventud, partidario agora de agardar a que mellore a situación sanitaria

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

MARTINA MISER

A directiva confía en que, polo que se contaba onte entre as xentes da Preferente, a Real Federación Galega de Fútbol contacte entre hoxe e mañá cos 17 equipos en principio dispostos a saír a competir este ano na zona sur

07 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A directiva do Juventud Cambados confía en que, polo que se contaba onte entre as xentes da Preferente, a Real Federación Galega de Fútbol contacte entre hoxe e mañá cos 17 equipos en principio dispostos a saír a competir este ano na zona sur. Un menos dos inscritos ao termo do prazo fixado pola Federación, que pechaba o pasado 31 de decembro, logo de que o presidente do Vilalonga, Marcelo Muñiz, asegurara que o conxunto celeste non sairá finalmente a xogar a Liga, postura anunciada xa con anterioridade.

Fol, coordinador deportivo e directivo do Juventud, sinalaba onte que a renuncia final do Vilalonga obriga á Federación non só a reestruturar a composición dos tres subgrupos da zona sur inicialmente previstos para os 23 equipos con dereitos federativos na Preferente esta tempada, senón «á reestruturación da Liga en si» tras o anuncio da Federación de que non haberá ligas de Primeira Galicia para abaixo. Desde o Juventud entenden que é mellor agardar a que a situación epidemiolóxica mellore e disputar na primevera un campionato curto.