O Arousa prevé non máis de catro amigables durante a pretempada

Adestraráse de inicio no Jiménez e A Lomba


vilagarcía / la voz

Unha semana exacta. O luns, pero o de dentro de sete días, foi o día elixido polo corpo técnico do Arousa para iniciar a pretempada 2020/21. Con tan só cinco semanas por diante antes do inicio da vindeira Liga de Terceira, que a Real Federación Española de Fútbol fixou para o 18 de outubro.

Son inda varias as cuestións capitais por definir, sen ir máis lonxe, o protocolo en materia de hixiene e sanidade que a Real Federación Galega de Fútbol fixe para os adestramentos dos equipos da comunidade fronte á pandemia, cuxa publicación está prevista inda para o luns 14. Coincidindo co inicio da pretempada arlequinado.

Para entón o adestrador do equipo vilagarcián, Rafa Sáez, confía en dispoñer dos 17 futbolistas hoxe en nómina, incluídos os dous desprazados fóra de Galicia, os puntas Pedro Beda, no seu Brasil natal, e Joel Sanabria, na súa casa materna en Barcelona. Tamén o porteiro que falta para pechar o mínimo requerido para saír competir, di Sáez, en espera de pechar a operación esta semana -o seu desexo é redondear o equipo cun dianteiro polivalente-.

O técnico pontevedrés adiantou que o Arousa fará os primeiros 15 días da pretempada entre os dous campos do Manuel Jiménez e -os mércores- o da Lomba en espera de ver se poderá volver tirar do de Vilaxoán. Tamén que o equipo xogará un máximo de catro amigables, con rivais de Segunda B e de Terceira, a metade na Lomba e a metade a domicilio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Arousa prevé non máis de catro amigables durante a pretempada