Abalo e Sáez reuniranse esta semana para falar da vindeira tempada

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

MARTINA MISER

O presidente do Arousa declara que «Rafa pode estar aquí ata que el queira». O adestrador di que precisa saber con que medios contaría antes de darlle o si ao club

21 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«Tristes, pero contentos ao mesmo tempo. Onte [polo domingo] creo que todo o mundo o veu, fallamos o que non deberiamos fallar para estar este sábado na final». Falando onte co presidente do Arousa, menos de 24 horas despois da eliminación da fase de ascenso exprés a mans do Ourense C.F. (2-1), en Manolo Abalo non había rastro de pesadume. E é que, di o mandatario, «estamos encantados de quedar fóra así. Todo o mundo está encantadísimo co equipo». Comezando por el. Ata o punto de que «pola miña parte, despois de ver o partido, todos os xogadores estarían renovados. Pero iso depende do adestrador e da comisión deportiva do club», engade Abalo.

Que o adestrador do que fala siga sendo Rafa Sáez é algo no que o presidente arlequinado porá todo o seu empeño: «Todo o mundo co que me atopei hoxe [por onte] díxome: “Se botas o adestrador é mellor que marches ti”». Unha opinión que Manolo Abalo comparte con outras palabras. «Rafa», sinala, «é fundamental neste club. Moito do crecemento do Arousa nestes dous últimos anos foi por Rafa». De aí que non o dubide ao manifestar que «pode estar aquí ata que el queira».

Alleo á euforia irradiada polo seu presidente, Rafa Sáez entende a necesidade de aclarar cuestións capitais para poder concretar un terceiro ano á fronte dun Arousa que, opina, fixo todo o que estaba da súa man para gañarlle ao Ourense C.F. o billete á gran final da fase exprés deste sábado, diante do Compostela. «Por trabajo, por actitud, por ocasiones» cre o técnico pontevedrés que nada hai que reprocharlle ao seu equipo na semifinal do pasado domingo. «Delante había dos equipos que salían al 50 % de posibilidades. La clave, que el mejor jugador del partido fue el portero del Ourense C.F. El Arousa tuvo más del 60 % de las opciones de ganar, y una actitud extraordinaria», declara o preparador.

Así as cousas, Rafa Sáez adianta que «hablaré con Manolo [Abalo] esta semana para ver las circunstancias del club. Ver la posibilidad de volver a intentarlo el año que viene; los planteamientos iniciales tienen que partir de aquí. Mi pretensión es hablar con el Arousa antes que con cualquier otro club. Para mí eso es ley», subliña Sáez.

Esixencia grande, medios acorde

Dito isto, o estratego que levou o conxunto arlequinado á súa primeira fase de ascenso a Segunda División B en 27 anos pon por diante que, condicións persoais á marxe, o seu si a un terceiro ano terá un custo: «La exigencia es grande -volver disputar a promoción- y los medios tienen que serlo también».

No que coinciden ambas partes é no feito de que toca «comezar traballar canto antes». Son palabras de Manolo Abalo, pero que subscribe Rafa Sáez. O adestrador comenta que «excepto el Compostela, Ourense C.F., Barco y el Arousa, el resto de los equipos [da Terceira] ya tienen hechas sus plantillas».

E é que, en condicións normais, onte, luns 20 de xullo, «habríamos empezado la pretemporada», apunta Rafa Sáez. En troques, non só é que nestes momentos se descoñeza quen nin cantos equipos galegos ascenderán á Segunda B, senón sequera o formato e o día de inicio da Liga de Terceira División 2020/21.

A directiva calcula que terá que reducir un 20-30 % o orzamento

«La exigencia es grande -volver disputar a promoción- y los medios tienen que serlo también». As palabras de Rafa Sáez ao enmarcar o gran punto sobre o que deberá pivotar a súa renovación á fronte do vestiario da Lomba semellan contrastar coa dura realidade debuxada polo presidente arlequinado.

«Temos que comezar a traballar canto antes, cos pés no chan, vendo o panorama económico, cumprindo con todos» como veu facendo o Arousa nos seus dez anos na presidencia, subliña Manolo Abalo. O problema é que «está claro que este vindeiro ano, non só nós, teremos que rebaixar o orzamento» a raíz da pandemia do covid-19. Agardando tanto por unha sensible rebaixa nas subvencións das administracións públicas como na axuda económica prestada polos patrocinadores privados do club. E será un gran problema, en tanto o mandatario do Arousa calcula que non quedará outra que «baixar entre o 20 e o 30 %» o orzamento. Máis non nós sós, todos. E quen non o faga así creo que se está equivocando».

Que a situación sexa global, e que o tempada regular se vaia reducir duns dez a uns oito meses, falándose do inicio de Liga para a primeira ou a segunda fin de semana de outubro, poderían acercar a compatibilidade entre os grandes medios que precisa Sáez para volver aspirar á fase e os recortes por esixencias do guión.