Pésimas novas: Manu, de 4 a 5 semanas de baixa, que tamén engade Julio á súa

Rafa Sáez deberá montar unha medular experimental durante o vindeiro mes, posiblemente reunindo a Pedro García e mais a Trapero no dobre pivote


Todo eran caras con sorrisos de orella a orella na sala de reunións do Arousa na presentación de Catú. Pero, máis aló da consecución dun dos dous obxectivos do club neste mercado de inverno que mañá pechará ás seis da tarde, o certo é que a xornada de onte lle ofreceu dúas pésimas novas ao corpo técnico que dirixe Rafa Sáez.

Manu Rodríguez acudíu onte á sede da Real Federación Galega de Fútbol en Pontevedra a practicarse unha ecografía. A proba médica confirmou o que se temían no equipo desde que o pasado domingo o mediocentro arlequinado tiña que retirarse do céspede sintético de Vilaxoán no minuto 71 do partido que enfrontaba os de Rafa Sáez cun rival directo polos postos de promoción, a U.D. Ourense. O de Moraña sofre unha rotura de fibras, a primeira na súa longa carreira coma futbolista. De nada menos que de 6x3 milímetros. Unha ferida que, explicou na Lomba o adestrador do Arousa, manda a Manu Rodríguez á enfermería da orde de entre 4 e 5 semanas.

As mesmas que deberá engadirlle Julio Rey á baixa que xa lle fixo perder os tres últimos partidos de Liga, logo de partir o cóbado esquerdo na entrada do 2020, en Vilaxoán co Fabril coma rival.

Así as cousas, e en espera de ver canto tarda en aliñar a Catú para poder adiantar a Pedro García á medular, Sáez deberá montar con este, e presumiblemente con Trapero, un centro do campo experimental ante a ausencia prolongada de quenes foron os seus dous mediocentros na primeira volta.

A Lomba, tope día 9

Noutra orde de cousas, a directiva do Arousa desvelou que a empresa adxudicataria ten por contrato ata o 9 de febreiro como data tope para rematar as obras da grada de preferencia da Lomba.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Pésimas novas: Manu, de 4 a 5 semanas de baixa, que tamén engade Julio á súa