As recomendacións de cultura galega de Diana López Varela

Diana López Varela

FUGAS

José Gonzalo, de 67 años, e Inés Grova, de 57, posan para una fotografía en el cementerio de Santa Marta de Ribarteme, en As Neves (Pontevedra). La fiesta celebra la victoria de la vida sobre la muerte.
José Gonzalo, de 67 años, e Inés Grova, de 57, posan para una fotografía en el cementerio de Santa Marta de Ribarteme, en As Neves (Pontevedra). La fiesta celebra la victoria de la vida sobre la muerte. Brais Lorenzo

Unha previa dos Premios Feroz en Pontevedra e a nova exposición de Marta Pazos na Cidade da Cultura son dúas das proposta que nos fai a escritora galega, que vén de publicar o libro «¿Qué pensará tu hija de ti?»

30 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Fotografía

«Habitar o Baleiro»

Unha ollada crítica ao abandono do rural

Un dos atractivos culturais do outono en Pontevedra é a exposición Habitar o baleiro, con fotografías de Brais Lorenzo no Café Moderno. Recomendo a visita a esta mostra gratuíta na que a través das imaxes de Brais Lorenzo observamos a Galicia baleirada desde dentro, coas súas luces e sombras. Trátase dun retrato humano, honesto, e dun berro de auxilio dunha poboación e dunha terra que esmorecen e se queiman co lume e a indiferenza pública e política. A exposición forma parte dun proxecto máis grande e ambicioso no que participan xornalistas como Claudia Morán e Alba Moledo.

Cine

Premios Feroz

Un aperitivo do festival

Celia Freijeiro, que inaugura la programación previa a los Premios Feroz.
Celia Freijeiro, que inaugura la programación previa a los Premios Feroz. CAPOTILLO

Empezaron as proxeccións dos Premios Feroz de Pontevedra (na imaxe, a actriz Celia Freijeiro, que inaugurou esta previa) e iso dános a oportunidade de gozar de xeito gratuíto de películas e curtametraxes marabillosas ata finais de novembro, con coloquios con moitas creadoras ou protagonistas. Un planazo para unha tarde de venres ou de luns, e así imos quentando o corpo de cara ao festival dos Feroz, que será en xaneiro e que este ano incluirá, por vez primeira, a asistencia gratuíta de público. O ciclo Rompendo o canon é a antesala.

Narrativa

«Las savias»

Obra senlleira

A escritora Antía Yáñez acaba de publicar Las Savias, a tradución ao castelán da súa novela publicada orixinalmente en galego co título de Senlleiras no ano 2018. Desta volta, con prólogo de Lucía Solla Sobral. Paréceme a oportunidade perfecta de recuperar o texto en galego ou facerse con esta nova edición en castelán despois de que ganara o premio Illa Nova de Narrativa. É unha boa proposta literaria tamén de cara ao 25 de novembro Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, xa que tamén trata o tema da violencia machista desde a ficción e de tempos pasados que non temos superado de todo.

Faladoiros

Ponencias en Pontevedra

O violeta é cor de outono

Este mércores comezou o ciclo de faladoiros feministas do Outono Violeta de Pontevedra coa xornalista Esperanza Escribano na casa das Campás para falar da investigación do primeiro caso documentado de intento de asasinato machista a través da «deep web» e cuxa vítima foi tamén unha muller de Pontevedra. O título da súa ponencia é «Vivir sabendo que a túa exparella quixo matarte». Creo que debería ser visita obrigada antes do vindeiro 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Exposición

«Ser noutras», en Santiago

Marta Pazos inspírase en Maruja Mallo

Marta Pazos.
Marta Pazos.

Como fanática das exposicións que se fan na Cidade da Cultura recomendo a visita á exposición #sernoutras, que se inaugura xusto esta fin de semana. Trátase dunha instalación espacial inédita asinada pola artista visual, directora de escena e dramaturga Marta Pazos e inspirada no imaxinario de Maruja Mallo. A obra comisariada por Verónica Santos e Chus Martínez concíbese como un gran teatro visual que se erixe como o propio escenario no que transcorre a exposición. Poderemos disfrutar da exposición o 28 de marzo do 2027. Inclúe 15 obras inéditas.