David Amor: «Queremos que "Esfínter" se converta nun clásico de Nadal, coma Mariah Carey ou as luces de Vigo»

FUGAS

O humorista David Amor, nunha imaxe de arquivo
O humorista David Amor, nunha imaxe de arquivo ANGEL MANSO

O humorista presenta «Esfínter», un espectáculo para pechar o ano, xunto a Róber Bodegas e Javier Veiga

27 dic 2022 . Actualizado a las 10:37 h.

Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano. Con este título volven a casa polo Nadal os humoristas galegos David Amor, Róber Bodegas e Javier Veiga. Cada un co seu estilo de comedia, pero coa idea de xuntarse por estas datas para facer rir ao público, presentarán o show en catro municipios distintos. O día 27 de decembro estarán en Ourense, o 28 en Vilagarcía, o 29 en Santiago e o 30 en Vigo. Pero, tal coma conta David Amor, a idea é repetir cada ano por estas datas: «Queremos que "Esfínter" se converta nun clásico de Nadal, coma Mariah Carey ou as luces de Vigo».

—Como se vos ocurreu o título?

—Foi unha xenialidade de Javier Veiga, envexareino toda a vida por iso. O espectáculo xa paga a pena só polo título. É curioso porque é un xogo de palabras moi evidente, pero nunca o vin moi aproveitado no galego. Parecíanos unha broma simpática que explica o que é o show: unha cousa gamberra, para pasalo ben e pechar o ano cun soriso.

—Como xurdiu a idea do espectáculo?

—Somos amigos. Non só os tres, senón que somos unha comidilla de cómicos galegos e moitos comezamos nos mesmos tempos. Róber Bodegas e eu somos bastante coetáneos. Javier é doutra xeración, pero a raíz da serie Gym Tony e da obra Amigos ata a morte collimos moita relación. É xente á que lle tes moito cariño, pero pola vida que levamos é moi difícil cadrar. Isto empezou así como de broma hai uns anos, que fixemos A mariscada dos idiotas, e decididmos que estaría ben poder vernos de vez en cando.

Nestas datas de Nadal, aproveitamos a escusa de traballar para xuntarnos, pasalo ben e disfrutar, que é do que se trata. Queremos trasladar esa emoción que temos nós ao público e creo que vai por bo camiño. O ano pasado foi un experimento, este ano parece que se está asentando e a nosa idea é facer isto todos os anos.

—Entón, vai ter continuidade?

—A idea é que Esfínter se converta nun clásico, coma o All I Want For Christmas Is You de Mariah Carey o como se están convertendo as luces de Vigo. Queremos que sexa un referente do Nadal para a xente, para pasar un bo momento, rir un pouco e gozar. Imaxínate: amigos que se xunten no Nadal para ver isto.

—Que se vai atopar o público en «Esfínter»?

—Sobre todo, bo rollo e risas. É curioso porque sendo tres estilos tan dispares de comedia funciona ben. Cada un ten o seu público, pero o público dun podería ser perfectamente o público doutro. Hai xente que van ver a Javier porque son fans del, por exemplo, pero van descubrir outros dous cómicos cos que tamén o van pasar ben. Creo que esa variedade, como din os cociñeiros con esa expresión que está tan de moda, marida moi ben. A min paréceme que nos compenetramos ben porque, ao final, aínda que fagamos comedia moi distinta, temos intereses comúns. Por algo somos amigos.

—Fadedes un recompilatorio do ano?

—O do ano é máis unha escusa. Cada un fai unha reflexión sobre unha temática. Javier Veiga fai unha reflexión máis xeral tirando cara á comedia, eu fago unha reflexión máis de Nadal cara á televisión e Róber Bogedas fai unha reflexión máis ético-moral, ten un texto xenial! Realmente son textos que todos usamos algunha vez, medio reciclados, medio adaptados, con algunha novidade… Todo para que encaixe ben neste formato.

Ao final cada un ten 25 ou 30 minutos e trátase de buscar ese impacto, que a xente ría e o pasen ben. Non se trata de facer un espectáculo ad hoc para isto porque conlevaría outras cousas e máis tempo. Imos usar cousas que funcionan, que están probadas. Non buscamos experimentar nin impresionar ao público. O que nos interesa é que o pasen ben e garantizar a risa. É algo feito no Nadal, só para o Nadal e sen saír de Galicia.

—Levarías a Róber Bodegas e a Javier Veiga á cea de Nadal coa familia?

—Si, sen dúbida. Son rapaces moi aseados, comen todo o que lle poñen na mesa…

—Agora, para pechar o ano, como dirías que foi este 2022?

—Ben. Traballando, reubicándome… Viña dunha época de cambiar cousas na miña carreira, volvendo empezar, cun espectáculo novo... Foi un bo ano e estou moi contento de como está a acabar.

—Que esperas do 2023?

—Espero seguir traballando coma ata agora, evolucionando… Estamos intentando abrir portas novas: intentar facer cine, volver facer ficción para a televisión e seguir xirando co espectáculo. Tamén teño unha obra de teatro que me gustaría poñer en pé para o segundo semestre do 2023 ou o primeiro cuadrimestre do 2024. A verdade é que o traballo agora cambiou moito, é difícil programar a longo prazo se no dependes de ti. Hai proxectos que aparecen de súpeto e dun día para outro cámbiache a vida totalmente. É a incerteza típica desta profesión.

—Tes algún proxecto especial?

—Gustaríame poder sacala adiante a obra de teatro, que a escribiu Prieto e vou producir eu. Era unha historia para facer antes da pandemia e agora estamos intentando botala a andar. É algo distinto, unha comedia negra que fala do tema da xentrificación, do turismo… Creo que acertamos de pleno, vendo o que está pasando. A verdade é que a obra é moi divertida, está moi ben escrita e formulada de forma moi interesante. Abre un debate chulo.

—Algún propósito de Aninovo?

—No profesional, intentar facer cine. É un propósito de moitos anos, pero intentarémolo un ano máis, hai que insistir e persistir. Persoalmente, tratar de ser boa persoa.

«Inventio»

Diez citas para disfrutar de la Navidad

REBECA CORDOBÉS

Luces, árboles y... ¡Acción! Ya con la Lotería repartida, la cena de empresa superada y las vacaciones escolares encima de la mesa, ¡arrancan unas fiestas como las de antes! Sin mascarillas, aforos limitados o cotillones cancelados. Y es que más allá de las esperadas comidas familiares o las noches con amigos, las ganas de celebrar se hacen notar en la abultada programación cultural para las próximas semanas. Circo, teatro, música, ocio infantil... La agenda se llena de citas para disfrutar, al fin, de la Navidad.

«Inventio», un espectáculo multidisciplinar, en Vigo

Año 2094, el último Xacobeo del siglo. El Camino de Santiago ha desaparecido y, con él, la identidad cultural gallega. Es el argumento de Inventio, un espectáculo multidisciplinar que aúna ilusionismo, danza, magia, música y circo para colocar la ruta xacobea como eje vertebrador de esa identidad. Más de 40 personas, bajo la dirección del mago Martín Varela, sorprenderán al público familiar con números de levitaciones, equilibrios, malabares, animación audiovisual o composiciones de música tradicional fundidas con sonidos electrónicos, entre otras propuestas. Se podrá disfrutar en el Auditorio Mar de Vigo los días 3 y 4 de enero.

Seguir leyendo