Mortiña, a nena zombi que arrasa en Galicia

Vén a Vila Decadente para pasar un samaín de medo


A segunda aventura de Mortiña non defrauda. A nena zombi que xa se fixo un oco nos fogares dos nenos galegos con Unha historia para esmendrellarse de risa, volve para facer as delicias dos máis pequenos, pero tamén dos adultos. Mortiña, un curmán repugnante, de Hércules de Ediciones, ocupará un lugar privilexiado na biblioteca infantil. A chegada do seu curmán snob Dilbert non é ben recibida en Vila Decadente. Mortiña non entende por que Tía Defuntiña realiza esta invitación tan pouco agradable ata o final da historia. Pero todo ten un porqué.

A desaparición de Tía Defuntiña é un misterio que Mortiña está disposta a resolver. E terá aos pequenos lectores enganchados ata o final. Atrapados tamén por Hedra Falangueira na trama deste libro e nas marabillosas ilustracións que Barbara Cantini realiza nesta segunda entrega. Mención especial tamén ten a gran tradución ao galego que fan Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González. Ata o punto que de que a obra ben parece estar escrita orixinariamente na lingua de Rosalía.

de seguido ata o final

«Non pares, segue, a ver onde esta Tía Defuntiña» é unha das frases que os pais escoitarán durante a lectura deste libro. Porque quererán resolver o misterio nunha única sesión de lectura. É que o universo de Vila Decadente atrapa. Coñecerás a todos os personaxes que viven na mansión máis mortífera, como o tío avó Funesto ou o avó Féretro. E tamén, ao galán Tristeiro, o galgo albino pintor que se dedica a cazar sapos cando chove, e que non perde a ocasión de facerlle as beiras a Tareixa. El é, sen dúbida, o personaxe máis entrañable da obra de Cantini.

A noite de Halloween é unha ocasión perfecta para gozar da nena zombi que arrasa en Galicia. Nunha historia onde os vivos e os mortos comparten mesa e reunións entre teas de araña, morcegos, carruaxes negras, caveiras, estancias en penumbra, pantasmas e unha planta carnívora enorme que crece e crece cada vez que alguén lle fala. Unha trepidante historia na que nada é o que parece, porque como ben di Mortiña: «É ben certo que todo ou mundo ten talento para algo».

«Mortiña, un curmán repugnante»

Barbara Cantini

EDITORIAL HÉRCULES

PÁXINAS 56 PREZO 12,90

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Mortiña, a nena zombi que arrasa en Galicia