Cadaval e Shakespeare atópanse de novo na encrucillada

Estreada orixinalmente no 1604, «Medida x Medida» chega hoxe sofocante, divertida e enigmática ao FIOT de Carballo nunha produción de Excéntricas


Conta Quico Cadaval que tras a representación de Shakespeare para ignorantes no festival de teatro de Almagro, o escritor británico achegóuselle con bágoas nos ollos e díxolle: «Así! Así! Por fin alguén entende a miña obra».

Aínda embriagado, se cadra, por aquel transcendental encontro o director galego e o dramaturgo inglés entrecruzan de novo os seus camiños. Desta volta para poñer en escena a «sofocante, divertida, enigmática e vitriólica» Medida x Medida, que hoxe se estrea no FIOT de Carballo, cun elenco do que forman parte Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo y Víctor Mosqueira, baixo a dirección de Quico Cadaval.

Estreada en 1604, Medida x Medida é, en palabras do seu director, «unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre».

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O Duque Vincenzo manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un mozo de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Vincenzo, irrecoñecíbel baixo o hábito de frade mendicante.

Explica Cadaval que Medida x Medida «é unha peza que se compón de elementos sinistros, que convocan os nosos peores pantasmas, e de alivios clownescos que non chegan nunca a provocar a gargallada infantil da comedia, apenas un sorriso rachado. É como se o deus que manipula as criaturas humanas e conduce o vehículo da acción guiase baixo os efectos dunha bebedeira, non se sabe se de erotismo ou de poder».

CARBALLO PAZO DA CULTURA VENRES E SÁBADO, 20.30 8 EUROS

PONTEVEDRA TEATRO PRINCIPAL XOVES 10, 21.00, 8,25 EUROS

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cadaval e Shakespeare atópanse de novo na encrucillada