Un achegamento ao cinema «gamberro pero rigoroso»

O Curtocircuíto aposta polos grandes nomes e novas figuras do cinema 


Mantén o Curtocircuíto na súa décima sexta edición, a súa aposta por traer a Galicia grandes nomes e novas figuras do cinema e da cultura visual contemporánea nun programa, din os seus organizadores, «sempre comprometido coa calidade artística, as últimas tendencias cinematográficas e a interdisciplinariedade». E, por suposto, e volvemos citar literalmente, «sempre mantendo ese carácter gamberro pero rigoroso». Ese é o Curtocircuíto.

A heteroxeneidade e a novidade serán os aspectos predominantes nos máis de 130 filmes que compoñen a programación do festival. A sección oficial aglutinará 38 películas de 22 países, que sumadas ás outras seccións competitivas acadan un total de 57 filmes a competición, dos cales 34 son estreas en Galicia ou España.

As retrospectivas desta edición traerán a Santiago a figuras coma o cineasta e teórico austríaco Peter Tscherkassky, ao fotógrafo e ensaísta Joan Fontcuberta e á artista e cineasta franco-colombiana Laura Huertas Millán.

Alén diso, Curtocircuíto acollerá tamén o martes unha das preestreas galegas de O que arde, o último filme de Oliver Laxe, e, este domingo, unha homenaxe a Euloxio R. Ruibal e ao Equipo Lupa, pioneiros no cinema amateur en Galicia.

Na vertente musical sobresae a presenza por primeira vez en Galicia de Blixa Bargeld, figura imprescindible na música europea das últimas décadas, coñecido polo seu traballo en Einstürzende Neubauten ou en The Bad Seeds, a banda que acompaña a Nick Cave. O artista berlinés presentará o sábado día 5 o espectáculo Solo Vocal Performance, no que explora os límites de conceptos como discurso, son e música.

Á performance de Blixa súmanselle o live A/V do produtor inglés Vessel xunto ao cineasta portugués Pedro Maia (mércores 4), o espectáculo Ballistics da canadense Myriam Bleau (sábado 28) e a performance de RÜGA (xoves 3), unha colaboración entre a artista visual Marta Verde, o creador sonoro Artur M. Puga e o coreógrafo Javier Martín.

SANTIAGO ATA O 6 DE OUTUBRO

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un achegamento ao cinema «gamberro pero rigoroso»