Mar, solidariedade, Gogol Bordello e sardiñas... Todo ten cabida no Revenidas

O protagonista incuestionable deste ano é a banda Gogol Bordello


primeiro que singulariza ao Revenidas é a súa orixe. Non nace, como a maior parte dos festivais, dunha oportuna ou oportunista iniciativa empresarial, senón que xurde dunha festa popular. Dunha popular sardiñada que se vén celebrando en Vilaxoán dende tempos inmemoriais. De feito, revenidas é como lle chaman ás sardiñas asadas naquel recuncho da ría de Arousa. Aquela sardiñada foi medrando, foron engadíndoselle contidos musicais e rematou, hai 17 anos, por converterse nun festival.

Un festival no que, por suposto, a sardiñada popular segue a manterse. Será mañá ao mediodía. Porque máis alá do que acontece nos dous escenarios de pago o Revenidas mantén un forte arraigo coa vila mariñeira que o acolle e coa cultura do mar. E coa solidariedade. Os cartos recadados na gala de circo de mañá terán por destino os campamentos de refuxiados.

No musical, o Revenidas ten este ano un protagonista incuestionable, a banda de gypsy punk Gogol Bordello, que actuará o domingo.

A presenza de bandas galegas é outro dos sinais de identidade do festival vilaxoanés. No cartel desta edición figuran Nao, Hard GZ, Skacha, Rebeliom do Inframundo, Los Jinetes del Trópico, Bastards on Parade, TNT ou Leo Arremecághona, ademais de La Duendeneta, que pechará o festival cunha sesión de música integramente en galego.

Entre as presenzas foráneas sobresae tamén a do cuarteto sueco de punk rock The Baboon Show e os californianos Élevé (hoxe), a do combo arxentino Los Caligaris e Gambeat, o que fora baixista de Manu Chao (mañá), e a da banda de ska punk colombiana Doctor Krápula (domingo).

Completan o cartel nomes relevantes da escena estatal do punk e da mestizaxe, como Desakato, Gatillazo, Talco, ou El Niño de la Hipoteca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Mar, solidariedade, Gogol Bordello e sardiñas... Todo ten cabida no Revenidas