Narciso de Gabriel: «A loita polo dereito ao amor de Elisa e Marcela segue vixente»

«Pregunteille a Coixet se vai estrear na Coruña, e non mo confirmou. Espero que si», di o autor sobre esta historia que chega aos cines o 24 de maio


Lograron desaparecer. Ao outro lado do Atlántico, o seu rastro esvaeceuse hai máis de cen anos, pero Elisa e Marcela son unha lenda indeleble. As investigacións do catedrático de Teoría e Historia da Educación da UDC Narciso de Gabriel -as máis completas sobre a parella- deron lugar a Elisa e Marcela, alén dos homes. O texto saíu á venda no 2008 e grazas a un editor galego, o falecido Gonzalo Canedo, tamén se publicou en castelán en Libros del Silencio. Foi un destes exemplares o que un día chegou ás mans de Isabel Coixet. Tras unha ducia de negativas, Netflix deulle o si á directora. Logo de pasar pola Berlinale, cunha polémica similar á vivida por Roma, este 24 de maio a película rodada en branco e negro estréase en varios cines españois. Dúas semanas despois, a partir do 7 de xuño, estará dispoñible para os usuarios da plataforma en 190 países. Con esta noticia coincide o lanzamento da reedición do libro co que comezou todo. En galego, edítao Xerais e, en castelán, Ediciones Morata. Pasaron máis de dez anos e, neste tempo, Narciso de Gabriel conta con novas testemuñas e máis documentos para dilucidar o misterioso desenlace destas dúas galegas valentes.

-A lenda do «matrimonio sen home», como titulou este xornal no 1901 cando destapou a exclusiva, segue hoxe máis viva que nunca.

-Si, a aventura de Elisa e Marcela esperta moito interese, hai moita expectación. É unha historia moi cinematográfica. Non teño constancia doutro matrimonio así.

-Pasará o mesmo co libro? A historia destas dúas galegas foi un bombazo mediático a comezos do pasado século.

-Iso aínda non o podo dicir. O que si podo asegurar é que as dúas edicións están moi coidadas. Na de Xerais destaco desde a portada, obra da ilustradora María Viñas, ao cariño co que se trataron as páxinas.

novas testemuñas

-En canto ao contido, que diferenzas hai respecto ao libro do 2008?

-Esta versión é máis reducida, prescindiuse da segunda parte: unha análise da historia desde as perspectivas do feminismo ou o travestismo. Nesta edición resúmese todo nun capítulo: Amigas e amantes. Non é que renuncie ao enfoque do primeiro libro, pero para o común dos lectores aquela segunda parte facíase excesiva. Ademais, tamén se incorpora no volume un prólogo de Manuel Rivas.

-E anuncia novidades. Podemos saber xa que lles pasou a Marcela e Elisa.

-Pecho uns interrogantes, pero aparecen outros novos no epílogo. Nestes máis de dez anos foron aparecendo máis informacións e puxéronse en contacto comigo máis testemuñas que lles seguiron o rastro na Arxentina logo de refuxiarse en Porto, onde Elisa, que se facía pasar por Mario Sánchez, estivo detida. En Bos Aires foron vistas por última vez no 1904.

Elisa, que se fixo pasar por Mario Sánchez, no cárcere de Aljube, en Porto. Evita ser retratada por «El suceso ilustrado»
Elisa, que se fixo pasar por Mario Sánchez, no cárcere de Aljube, en Porto. Evita ser retratada por «El suceso ilustrado»

-Suicidouse Elisa en Veracruz?

-Esta hipótese semella cada vez menos probable. Non se conseguiu atopar ningunha información relacionada co posible suicidio na documentación xerada polo consulado de España en Veracruz (México). Ademais, novas voces aseguran tela visto con vida cara a 1940 en Bos Aires, onde sabemos que se chegou a casar cun danés, do que logo se separou cando sospeitou da súa relación con Marcela. Esa muller fala da «tía Elisa». Outra fonte máis contrastada achega documentación da filla de Marcela, apelidada Sánchez, como Elisa, que sabemos que desembarcou na Arxentina en 1902. Esa «nena bonita e forte» da que falou a prensa portuguesa cando naceu en Porto na noite de Reis dese mesmo ano.

­-No libro inclúe portadas de medios españois e internacionais. Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas mesmo protagonizaron tiras cómicas. Como a que di: «El cura que los casó. El médico que los reconoció. La madre que los parió», de Madrid Cómico. «Noivos de contrabando» ou «matrimonio en proxecto» foron outros dos alcumes que tiveron.

-O papel da prensa foi dobremente importante. Aportou probas, datas, cifras, testemuñas... E, por outra banda, reflicte a sociedade da época. Como se vía que dúas mulleres, unha vestida de home, se casaran nunha igrexa do centro da Coruña.

Marcela (sentada) y Elisa (que se hacía pasar por Mario), en Aljube (Porto) en 1901. Escaparon a la ciudad portuguesa desde A Coruña. Allí Elisa estuvo en prisión y se especuló sobre su condición sexual. Una vez libre, y para evitar la extradición, huyen a Argentina
Marcela (sentada) y Elisa (que se hacía pasar por Mario), en Aljube (Porto) en 1901. Escaparon a la ciudad portuguesa desde A Coruña. Allí Elisa estuvo en prisión y se especuló sobre su condición sexual. Una vez libre, y para evitar la extradición, huyen a Argentina

-Viu a película de Coixet?

-Non, aínda non, pero xa me dixo que me esqueza de Elisa e Marcela e pense que son as súas curmás as que aparecen na pantalla. Coixet parte do libro, pero fixo unha versión libre.

-Haberá estrea nalgún cine galego?

-Pregunteille a Isabel Coixet se se vai estrear na Coruña e díxome que por agora non o pode confirmar. Espero que así o fagan. A Coruña debe ser, polo menos, un dos lugares onde se estree.

;
Ellas se dieron el primer «sí quiero» Una historia de amor adelantada a su tiempo. El primer matrimonio homosexual de la historia de España. Se celebró en Galicia el 8 de junio de 1901. Sus protagonistas: Marcela y Elisa

-Quen foron Elisa e Marcela?

-Sabemos que foron dúas amigas que pelexaron por estar xuntas. A súa loita social, o dereito a vivir o amor como un queira, segue igual de vixente.

«ELISA E MARCELA, amigas e amantes»

AUTOR Narciso de Gabriel

 EDITORIAL Xerais PÁXINAS 216 PREZO 17 euros

Los rincones de un amor prohibido

Mila Méndez/ Marta López

A Coruña y la Costa da Morte fueron escenarios de la historia novelesca, a la vez que pionera, de Marcela y Elisa

 

 

 

 

 

 

Marcela Gracia Ibeas y Elisa Sánchez Loriga firmaron un capítulo único en la historia de la comarca, de la provincia, de todo el país y de la lucha de género, el día en el que contrajeron matrimonio en la iglesia coruñesa de la parroquia de San Jorge. Ocurrió un 8 de junio de 1901. Ha pasado más de un siglo y en España no ha vuelto a suceder nada semejante: dos mujeres casadas por la católica y apostólica Iglesia. Claro que lo suyo fue un engaño. Un ocurrente y exitoso engaño... hasta que las pillaron. Fue entonces cuando comenzó una huida cuyos interrogantes siguen sin resolverse hoy.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Narciso de Gabriel: «A loita polo dereito ao amor de Elisa e Marcela segue vixente»