Diana Toucedo: «Chegar con 'Trinta lumes' á Berlinale foi a miña lotería»

FUGAS

Diana Toucedo
Diana Toucedo

A cineasta galega estrea o 8 de febreiro o documental de ficción sobre o Courel que a levou ao Festival de Berlín e polo que foi nomeada aos Feroz e aos Gaudí

05 feb 2019 . Actualizado a las 16:12 h.

Diana Toucedo (Redondela, 1982) fíxose no 2017 un agasallo de Reis: botou man do peto e decidiu inscribir no Festival Internacional de Cine de Berlín a súa primeira longametraxe, Trinta lumes, un documental de ficción ambientado no Courel que emerxeu entre varios milleiros de filmes de todo o mundo e converteuse nun dos trinta elixidos na sección Panorama da Berlinale. «Foi a miña lotería, un soño feito realidade», di a cineasta dese golpe de sorte que a reconciliou co mundo. Nomeada aos premios Feroz e aos Gaudí da Acadèmia del Cinema Català, Sete lumes estréase o 8 de febreiro en salas.

-«Trinta lumes» é un punto de inflexión ou unha evolución natural dentro da súa carreira?

-Bastante punto de inflexión porque levaba moitos anos facendo carreira como montadora. Dirixir este proxecto foi un camiño que empecei hai case cinco anos, con moitas dificultades, pero no que aconteceron cousas case máxicas que semellaban dicirme que todo tiña que ir para diante.

-É das rías Baixas, está afincada en Barcelona, por que elixiu o Courel?

-Por varias cousas: despois de estar fora máis de dez anos quería traballar desde o que coñecía e me facía sentir máis cómoda. Pensei nas rías Baixas, pero había algo que me dicía non: non había esa orixinalidade, esa pureza que eu quería retratar. E xusto por pura casualidade…