«Carlos sempre me di que pare un pouco»

Estas son as 4 preguntas que Touriñán lle faría a Carlos Blanco


Carlos, di Touriñán, «ten fama de ter un carácter forte. Pero ese animal, ese bicho, eu aínda non o vin por ningún lado. Carlos é un tipo amable, cunha enorme capacidade de xogar e de compartir. Compartir escenario con el é unha marabilla, pero compartir camerino aínda o é máis. Coido que o Carlos Blanco de Somos Criminais é o menos criminal de toda a súa traxectoria».

-Como o levas cando escoitas a alguén dicir que o humor noso non funciona fóra de Galicia?

-O humor é humor. Dá igual en Chantada que en Azuqueca de Henares. Un tipo di algo e outro ri. Se iso acontece, é humor. Dá igual onde esteas. Aí temos a Javier Veiga, Rober Bodegas, Piedrahíta... Para min iso tamén é humor galego. Certo é que se falamos de humor en galego é algo máis difícil. Pero a min chéganme mensaxes de toda España de xente que ve Land Rober e morren da risa co noso humor. Coido que xa vai sendo hora de sacar peito polo noso.

-Que fas se nun concerto no que estás metido a tope che piden fotos?

-Eu son dos que fan todas as fotos que me piden. Dá menos traballo dicir que si. Posas, sorrís e listo. Se dis que non, tes que explicar tantas cousas... Aínda que só sexa por aforrar tempo, mellor dicir que si. E se por enriba fas feliz a alguén...

-Estás de acordo con aquilo que dicía o pai dun amigo actor: «Moito traballas para non ter que traballar»?

-Carlos sempre me di que pare un pouco, non me vaia aburrir. Pero é que a min gústame moito este choio. Dáme pena non poder facer todo. E respecto ao dos pais eu tiven a gran sorte de que os meus sempre me apoiaron. Sempre tiveron claro que isto era unha profesión. Nunca me dixeron aquilo de «Á parte do que fas aí, en que traballas?».

-Non é certo que todo isto do humor é unha tapadeira e en realidade estás preparándote para ser en catro anos alcalde de Culleredo?

-Xa que o descobre Carlos, non o vou ocultar máis tempo. É totalmente certo. Estoume preparando moi forte para iso: aprendendo a falar en público, a ser outras persoas, a mentir... Meu avó foi o primeiro alcalde de Culleredo na democracia. Eu quero ser alcalde, despois conselleiro e, se cadra, presidente da Xunta. Xa verei.

 

«Touri é un pinchón e un bullas no pádel»

CARLOS CRESPO

Con máis de 50.000 espectadores, «Somos criminais» é xa o espectáculo máis visto en toda a historia do teatro galego. Os seus protagonistas van de fronte e contestan a 4 preguntas feitas polo seu «partenaire»

Touri, di Carlos Blanco, é «afable, brillante, rapidísimo de mente, relaxado, moito máis calado do que poida parecer, alguén que entende que a clave do noso oficio é xogar. E xoga. Xoga moi ben, toca a pelota de vicio, non chupa, ten gol e brótalle na boca o humor. É enormemente intelixente e, inda por riba, un actorazo. Pa’ matalo». Estas son as catro preguntas que el lle fai ao seu «partenaire» no escenario.

-Que é o que menos che gusta do teu compañeiro de viaxe?

-Que é un pinchón, que xogando ao pádel é un bullas, que sempre se adianta para paghar, que ten unha axenda que mete medo, que ás dúas da mañá non pide papas coma min, que me fode que sendo tan novo teña máis cabeza e máis talento ca min. Que é un mona adorable.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Carlos sempre me di que pare un pouco»