Os señores do contrabando

«La conexión gallega» estaba construída como a crónica presencial dun argumento que parecía tirado dunha vella novela de Dashiell Hammett, e aqueles «self-made men» chamados Sito Miñanco, Laureano Oubiña ou Marcial Dorado tiñan o mesmo sorriso dos señores de Poisonville, a cidade salvaxe de Colleita vermella.


Michael Kalish, narcotraficante norteamericano dos anos oitenta, confesou nunha ocasión que os seus homes debían protexer a cara cunha máscara de cirurxía para entraren nas dependencias onde gardaban o diñeiro negro, xa que os billetes emanaban un cheiro insoportable. Este episodio tan significativo aparece en La conexión gallega, a excelente investigación que Perfecto Conde publicara en 1991 con Ediciones B, e que agora vén de recuperar Akal nun volume que lle fai xustiza a unha obra que permanecía descatalogada dende había demasiados anos.

Escrita durante a época en que o autor exercía o mando de investigación en Interviú, cando o contrabando de tabaco esmorecía en favor do haxix e cocaína, nesta frondosa reportaxe aparecían desarmados á luz do día os vencellos entre os señores da banca e os aristócratas da droga, os xogos malvados do capital e a complicidade entre narcotráfico e poder político que aínda hoxe reverbera alén da polémica suscitada polo secuestro de Fariña, de Nacho Carretero. Porque La conexión gallega estaba construída como a crónica presencial dun argumento que parecía tirado dunha vella novela de Dashiell Hammett, e aqueles self-made men chamados Sito Miñanco, Laureano Oubiña ou Marcial Dorado tiñan o mesmo sorriso dos señores de Poisonville, a cidade salvaxe de Colleita vermella. O seu diñeiro desprendía o cheiro dos billetes de Michael Kalish e deixaba o rastro dun país que acumula moito lixo baixo a alfombra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os señores do contrabando