Un libro con maxia

R. Nicolás

FUGAS

XOAN CARLOS GIL

Ledicia Costas dálle vida a unha estirpe fantástica de raíz feminina en «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta»

22 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A voz narrativa desta novela concentra a súa cerna nunha sentenza que di «aventura de flores, océanos e criaturas verdes. De feluxe, raíces e artistas de circo». En efecto, este libro é isto, pero aínda máis. Costas reconstrúe o Vigo de finais do século XIX con brillantez, homenaxea a memoria do gran Verne, chíscalle un ollo a Philip Pullman, outorga protagonismo equilibrado a achados fantásticos como son un libro cheo de segredos, o chamado Merveilleux Nautilus e as femmes plante. Con todo isto dálle vida a unha estirpe fantástica de raíz feminina que envolve con solidez nunha trama imaxinativa, enfeitizante e que, literariamente, escintila por si mesma. Un libro con maxia.

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Novela. Ledicia Costas. Ilustracións de Andrés Meixide. Xerais. 248 páxinas. 12 euros