Poesía búmerang

R. Nicolás

FUGAS

Laiovento estrea colección poética con e Caín, unha obra de Paco Souto que convoca a vida para sentila desde as palabras, os silencios e os designios

01 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Saudar a estrea dunha colección poética como esta que vén das mans de Laiovento é sempre unha alegría; se a protagoniza unha publicación como a que subscribe Paco Souto aínda máis. Para min son poemas con efecto búmerang: é coma se nacesen noutrora, cando o autor os recitaba en pubs composteláns, e retornan por escrito, ao presente, como unha regalía. e Caín, deste xeito, convida a poupar as derregas dunha voz que, como Mato Fondo apunta no limiar, transita polas querenzas cara á mitoloxía, o erotismo e a esculca no propio proceso de escrita. Poesía que convoca a vida para sentila desde as palabras, os silencios e os designios.

e Caín. Poesía. Paco Souto. Limiar de M.A. Mato Fondo. Ilustracións de Viqui Rivadulha. Laiovento. 60 páxinas. 10 euros