-Vive da literatura?
-Bueno, non é unha cousa que conte moito, pero levo tres anos vivindo da literatura porque como avogada morría da fame. Así que decidín investir todo o meu tempo na literatura. Fago ao revés de moitos outros que traballan noutra cousa e no tempo libre escriben. Eu no tempo libre saio a respirar e por iso teño unha produción tan grande, porque paso moito tempo.
-Dálle moitas voltas á escrita, a unha idea?
-Cando escribo son moi obsesiva. É algo que teño que recoñecer, sen pudor.