Libro con alma

R. Nicolás

FUGAS

04 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

É posible conseguir a complicidade lectora para que un exemplar de As mil e unha noites, editado en 1908, converse con Sherezade, Aladino ou Alí Babá?, para que as súas páxinas percorran con axilidade un século de historia preñado de vivencias situadas na opulencia ou na menesterosidade?, para transmitir con transparencia como eran os ollos que o leron?, que sexa quen de incorporar un engaiolante argumento arredor do amor polos libros e pola lectura? Éo, e Andrea Maceiras, con esta novela que conseguiu o Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil, faino con enxeño, brillantez e indubidable excelencia.

Miña querida Sherezade. NARRATIVA. Andrea Maceiras. Ilustracións de Antonio Seijas. Baía Edicións. 136 páxinas. 12,45 euros