Precisa lembranza do Padre Seixas

R. Nicolás

FUGAS

17 abr 2015 . Actualizado a las 16:34 h.

Cúmprese este ano o centenario do nacemento do Padre Seixas e unha excelente maneira de lembralo, ou descubrilo, é ler este libro feito con rigor e coidado que Manuel Cabada subtitula con acerto «unha aposta progresista, galeguista e universalista», pois aí se cifra boa parte do que foi a súa presenza entre nós, do que foi o seu legado.

O libro, indubidablemente, faille xustiza ao biografado, creba mesmo algúns tópicos estendidos e pon en valor todas as dimensións dunha persoa que, se alguén tivo a fortuna de tratalo como é o meu caso, resulta imposible de esquecer.

O padre Seixas desde dentro. Manuel Cabada Castro. Ensaio. SEPT. 229 páxinas. 15 euros