Sobre o cinema con apertas

R. Nicolás

FUGAS

Galaxia publica "A cicatriz branca", o filme sobre os exilios realizado por Margarita Ledo desde unha perspectiva de xénero, acompañado de textos da propia autora, de profesionais do cine, músicos e ensaístas

10 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Estrea colección a editorial Galaxia baixo o título de Libro cinema e faino cun requintado volume de acabada factura que acompaña á película A cicatriz branca: unha ficción con orixe documental que afonda con emoción nos exilios e desterros, colectivos e individuais, desde unha ollada de xénero. Incorpóranse textos que van desde o subscrito por Margarita Ledo -clave para asomarse á estética cinematográfica pola que transita co desexo confesado de «filmar o século»- ata outros que veñen da man de actores, actrices, montadores, músicos e ensaístas. Imprescindible.

A cicatriz branca. Margarita Ledo Andión. Libro + Película. Galaxia. 48 páxinas + dvd. 20 euros