«A meu avó débolle a lingua e a miña paixón pola literatura»

alicia pedreira ORDES / LA VOZ

FIRMAS

INTERNET

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Eli Ríos presentou onte o seu derradeiro poemario Anamnese no Museo do Traxe de Ordes, unha obra que brinda ao lector a oportunidade de facer unha interpretación totalmente libre. «Non quixen construír a miña historia, senón que cadaquén crease a súa propia», di a autora, quen considera que non racha co feito anteriormente: «É distinto a todo o que fixen antes, pero non se pode desligar totalmente porque tamén é froito da miña propia evolución e da adquisición de experiencia.

Para min escribir é algo científico. Dous máis dous son catro, así que sei cal é o meu obxectivo».

Ríos naceu en Londres e medrou en Lesta, ¿que é ese lugar para ela? «Todo, porque aquí crieime cos avós, e o meu avó foi o que me meteu o vicio da literatura contándome contos ao carón da lareira, na esfolla? Ademáis, inculcoume a lingua na que escribo e ensinoume a quererlle ao que é meu».