Nova goleada do Atlético Arousana, con Puji asinando un «hat-trick»

Vilagarcía / La Voz

FIRMAS

30 sep 2014 . Actualizado a las 04:54 h.

Non resultou tan escandalosa como a dunha semana atrás, na estrea ligueira ante o Beluso e final con 9-1 na Lomba, pero o Atlético Arousana resolveu o seu segundo compromiso ligueiro na Primera División Autonómica do fútbol feminino galego da mesma maneira: aplastando o seu rival.

Quizais o 1-5 do Boiro se explique precisamente nas maiores precaucións do contrincante logo de ver o fatal desenlace do seu precedesor ante o conxunto que esta tempada dirixe o vilagarcián Luis Treviño. O equipo barbanzán en ningún momento abandoou as trincheiras. Nin cando no minuto 55 se vía xa cun contundente 0-4 en contra. Pesaba máis a lousa dunha derrota abultada que o soño nun imposible, ante o claro xigante da categoría e firme candidato ao retorno exprés á Segunda Nacional.

Se unha semana atrás foran Bárbara e Raquel, con tres tantos cada unha, as caudillas da goleada do Atlético Arousana, o pasado domingo en Boiro o papel foi asumido por Puji, que emulando as súas compañeiras, asinou un hat-trick.

BOIRO: Lidia (Ramona, min 36), Melanie (Leticia, min 86), Ana, Soraya, Marina, Eva (Sabela, min 75), Verónica, Cristina, Renata, Katerina e Ana Cea

ATLÉTICO AROUSANA: Rocío (María, min 46), Raquel, Arufe (Ariana, min 63), Sara, Paula, Jéssica (Alba, min 68), Bárbara (Sara González, min 60), Zaira (Noelia, min 75), Lucía, Rosa e Míriam

Goles: 0-1, min 32: Puji. 0-2, min 37: Raquel. 0-3, min 51: Rosa. 0-4, min 55: Puji. 1-4, min 78: Soraya, de penalti. 1-5, min 84: Puji, de penalti.

Árbitro: Ana Outeira Mirón. Sen amonestadas.