Purificación Iglesias: «Admiro como os rapaces compaxinan a música cos seus estudos»

m. g. ourense / la voz

FIRMAS

Puri Iglesias estréase este curso no cargo de directora.
Puri Iglesias estréase este curso no cargo de directora. miguel villar< / span>

28 sep 2014 . Actualizado a las 04:00 h.

Purificación Iglesias cambiou este ano a vicedirección pola dirección do Conservatorio, onde é profesora de piano. Baixo a súa batuta moveranse este curso 529 alumnos de entre 8 e 40 anos.

-Aínda que non hai un límite de idade superior, realmente a gran maioría dos que se matriculan son rapaces novos que compaxinan o Conservatorio co ensino obrigatorio. Dende logo, non é fácil o que fan, sobre todo no grao profesional, porque nese nivel xa teñen moitas materias aquí. Ten moitísimo mérito, eu admiro como os rapaces compaxinan a música cos seus estudos, como son capaces de facelo, sobre todo cando son alumnos que veñen de lonxe, de Lobios, de Trives, de Padrenda...

-¿Con que problemas comeza o curso?

-Temos que seguir traballando en mellorar a dotación instrumental, reemplazando instrumentos que se deterioran e incorporando outros especiais, por exemplo para as mans, máis pequenas, dos nenos. Temos algúns problemas lóxicos nun centro; por exemplo, en instalacións sería interesante ter algunha sala máis grande para determinados instrumentos nos que está medrando a demanda, como tuba; estamos estudando posibilidades. Tamén temos bastante deficiencia en cabinas de estudo, especialmente de piano, porque moitos rapaces que non teñen instrumento na casa veñen aquí para ensaiar e outros veñen para tocar o piano de cola. Temos unhas dez ou doce cabinas pero non é un número suficiente para a demanda que hai.

-¿E os retos?

-Sacar actividades fóra do centro porque non ten sentido estudar aquí e despois non tocar. En anos anteriores tentouse pero por distintas razóns non puido facerse. É importante que os alumnos saian a tocar, facer intercambios con outros centros. De momento vemos unha actitude moi positiva en institucións da cidade, espero que o consigamos este curso.

-¿Son suficientes as especialidades que ofrecen?

-Temos piano, guitarra, violín, viola, cello, contrabaixo, toda a familia de vento metal e de vento madeira, percursión, órgano, canto, clave e, en música tradicional galega, gaita e canto.En piano e guitarra temos unha demanda altísima; a que menos, en fagot. Tamén estamos recibindo moitas chamadas por baixo eléctrico, que non ofertamos. Son inquietudes polas que hai que loitar; o non xa o temos.