Carta abierta a María do Carmo Henríquez

La Voz

FIRMAS

13 jul 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Non te queren na Universidade de Vigo, estimada catedrática de Lingua Española. Cumprida a idade de xubilación (¡sígote vendo tan vital como cando chegaches nos 70!), o equipo do reitor Mato negouche ser profesora emérita («que se xubilou dun emprego pero segue exercendo a súa actividade como recoñecemento ao seu bo servizo», RAG). No expediente non salientaron as moitas calidades que tes. Só puxeron peros: «Pero non é doutora honoris causa... Pero non é académica da RAE... Pero non é da RAG...». Desculpas! Vendo o que está a ocorrer na universidade (e a de Vigo non está á marxe da carreira de desprestixio de outras institucións), non sei se é un desprezo ou un recoñecemento. Non lles vales porque non es un vimbio. Ti non te dobregas. Non te casas con ninguén. Dis o que che peta segundo o teu leal saber e entender. Ós que mandan non lles gusta escoitarte, en galego ou en castelán, que «na universidade hai que ser esixente, non se pode aprobar a todo o mundo», ou que «hay que cambiar la filosofía; hay que educar en el trabajo y en el sacrificio; no hay cultura del esfuerzo»; ou que «hay un grupo de personas que viven del gallego y no para el gallego»; ou que non aplaudas esa práctica, máis política que lingüística, de dicir «compañeiros, compañeiras»... O equipo do reitor Mato di que non tes méritos para seguir na Uvigo como catedrática emérita. Ser presidenta de AGAL 20 anos non vale; as publicacións non valen; os libros non valen; a labor académica non vale; os sexenios de investigación non valen... Non lles vale nada. Só lles molestas. Que iso sexa o criterio dunha universidade mantida con fondos públicos dá, con perdón, noxo. Moito noxo