«O destino estrela continúa a ser Canarias polo seu óptimo clima»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

MIGUEL SOUTO

Os dezaos agardan para facer revervas de viaxe a que xurdan ofertas

08 jun 2014 . Actualizado a las 08:00 h.

Dezaoito anos axudándolle aos dezaos a programar as súas vacacións converte a Mari Carmen Janeiro nunha experta coñecedora dos hábitos da veciñanza á hora de viaxar. Diplomada en Turismo, e nada en Dozón, ocúpase xunto a dúas profesionais máis de «xestionarlle aos nosos clientes, o mellor posible, calquer desprazamento que nos prantexen». Coa entrada do mes de xuño comeza a tempada alta de viaxes de verán.

-¿Como se prevé sexa esta tempada?

-Máis ou menos como o ano pasado; é decir, que se esperará ata última hora para facer unha determinada reserva agardando ás ofertas que poidan xurdir. O volume de desprazamentos pensamos que será algo inferior a tres anos atrás e que se collerán menos días de vacacións. Antes a xente entraba e só prantexaba o destino que lle apetecía e os días de estancia que quería disfrutar. De todos os xeitos agora operan menos compañías aéreas e non se pode esperar ata o ultísimo momento xa que te podes quedar sin praza. O que está claro é que hoxe viáxanse menos días e sempre moi atentos ás ofertas de última hora, menos nos casos das viaxes de noivos onde a cousa cambia. Aquí, normalmente, non se escatima tanto nos prezos ao pensar que é un desprazamento diferente; un que se fará unha única vez na vida e que non se repetirá.

-¿Continúase viaxando en Semana Santa e nos meses de verán?

-Non é o habitual. O que viaxa en Semana Santa non adoita saír fóra tamén no verán, e o que se vai de vacacións agora é que non se desprazou en Semana Santa. Coma en todo pode haber excepcións...

-¿Cal é o perfil do cliente que atenden na axencia?

-Temos por unha banda ás familias con cativos, e logo as parellas máis novas. Se falamos destas últimas normalmente van ao máis barato, non lles preocupa que o hotel sexa dunha categoría inferior xa que só van a disfrutar da viaxe e o hotel só é para dormir. No caso das familias que viaxan con rapaces xa adoitan buscar mellores hoteis, que sexa todo incluido, e que teñan instalacións axeitadas e actividades centradas nos cativos. Pensan máis nos nenos, son a súa gran prioridade á hora de materializar unha reserva.

-¿Cal é o destino preferido polos dezaos?

-O destino estrela continúa a ser Canarias polo seu óptimo clima e polo feito de que estás alí en dúas horas e corenta minutos. Despois de tantos meses de chuvia e de mal tempo búscase un destino no que o sol esté garantido e óptase por Canarias, antes e agora. Atopámonos agora con que os Países Árabes están bastante revoltos a xente dos países nórdicos tamén apuntan a disfrutar das súas vacacións en Canarias. Se nos cinguimos ás estadías dos viaxeiros podemos salientar que son, na inmensa maioría, de oito días e sete noites. Por outra banda estamos observando nestes meses un repunte das zonas de costas; como é o caso de Benidorm, Fuengirola ou Benalmádena.

mari carmen janeiro responsable de halcón viajes en lalín

«Antes só se prantexaba destino e días

de estancia para disfrutar»

«As parellas novas van ao máis barato e os que van con rapaces piden actividades»