«Simplemente fago a comida coma se fora para min»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA BURELA / LA VOZ

FIRMAS

PEPA LOSADA

Pratos caseiros 100% son os que mandan no local hosteleiro burelense

08 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O seu nome evoca o caseiro. A Casa da Avoa. E así é a cociña que se fai nos fogóns deste local hostaleiro de Burela, que aínda non chegou ao ano de vida, pero dende o que María Fernández Fernández (San Adriano-Lourenzá, 1953), máis coñecida polos seus como Maruxa, aplica o que de sempre soubo facer como labrega que é utilizar producto fresco e como nai dos fillos que agora levan este negocio, cociñar con moito cariño.

-O local ten un aliciente, que é unha ludoteca, e alí celebran festas infantís. ¿Atrae bastante ás familias por iso?

-Si a familias, pero con nenos e sen nenos. Penso que hai de todo, xente nova e maior, penso que se debe á nosa amplia oferta. Pódese degustar un bo café, chocolate ou infusión, comer ou cear, tomar uns viños ou cervexas degustando unha boa tapa e coa tranquilidade de que os nenos están a xogar ao carón coma na súa casa.

-¿Quen lle axuda na cociña?

-Isabel, aporta ideas, xuventude e enerxía nova que sempre fai falla. Imos ben. Aquí todos formamos un equipo, unha familia, ela, eu, os camareiros...

-Creo que o local de A Casa da Avoa o abriron os seus fillos, ¿non é así?

-Si, é unha empresa familiar, lévana entre os tres fillos e os pais tamén aportamos o que podemos.

-¿E como leva iso de traballar no local dos fillos?

-Lévase ben, porque o considero como meu, goberno no meu, na cociña me refiro, co consello deles. Aquí aportamos todos.

-¿Que cociña lle reina facer?

-A caseira, de calidade, con produtos frescos, a comida é sempre do día e feita ao momento... Facémolo todo, os postres, os pratos principais, a empanada, a pizza, toda a repostería, croquetas por suposto, galletas e incluso comida para levar. As croquetas gustan moito.

-Se fai comida caseira, supoño que cociñará igual na casa que para A Casa da Avoa.

-Non hai diferencia porque cociño igual que na casa. É o que sei facer. Cociñei na miña casa de sempre, tiña horticultura e avicultura de pitos ecolóxicos pero de sempre me gustou isto. Na casa xa éramos unha familia grande, sobre todo cando nos xuntábamos todos, e as potas, por tanto, eran grandes. De feito, unha vez fun mercar unha pota e a da tenda me preguntou se tiña un restaurante.

-¿Hai algún truco ou segredo?

-Simplemente facer a comida coma se fora para min. Trato de facelo o mellor que se pode.

-¿Quen lle ensinou a cociñar?

-Realmente ninguén. Eu son... ¿como se di? Autodidacta.

-Se o seu é a cociña caseira, ¿cóstalle innovar ou non?

-Si, pero sempre sen esquecer os mesmos valores, 100% caseiro e 100% calidade. A partir de aí, imos innovando o que podemos.

-Haberá días bastante intensos.

-Hai veces que si... pero hai que andar. Se non é así, malo. Hai que tratar sempre de dar un bo servizo e manter a calidade.

entre fogóns maría fernández fernández, cociñeira de a casa da avoa en burela