Catro puntos separan o Sigaltec Liceo BBC do título de campión de categoría


Con 4 puntos de vantaxe se presentaba o pasado sábado o Sigaltec Liceo BBC ao seu partido de volta da eliminatoria de campións das zonas sur e norte da Segunda Autonómica, co Peleteiro coma rival. Dous equipos que se xogaban a honra do título da categoría, toda vez que ambos se aseguraran xa sendos ascensos á Primeira Autonómica coma premio aos mellores conxuntos na fase regular.

Os homes dirixidos por Diego Doval non puideron facerse co título, ao caer 70-62 na cancha do seu rival compostelán tras un duelo do máis igualado.

Os deberes, en todo caso, estaban feitos, e o primeiro plantel do BBC deu un gran paso de cara a encamiñar o club de volta á Liga EBA, o seu teito histórico e á que renunciou no seu día por problemas económicos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Catro puntos separan o Sigaltec Liceo BBC do título de campión de categoría