«Espero que "Kamikaze" me traia outras oportunidades»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA BURELA / LA VOZ

FIRMAS

No filme que se estreou o pasado día 28 fai de Isidro, un comercial

04 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Máis que en Burela, a entrevista habería que firmala en Londres porque é alí onde o actor burelense Chendo Lestao (Burela, 1983) anda agora. O pasado día 28 estreábase a película Kamikaze, unha comedia dramática de Álex Pina, na que el comparte espazo con actores da talla de Álex García, Verónica Echegui, Carmen Machi -tamén estivo con ela en Aída- ou Héctor Alterio, entre outros.

-¿Cando descubriu que o seu era a interpretación?

-Xa dende pequeno me sentín moi atraído por todo o relacionado con cantar e actuar e así foi ata que decidín facer dunha paixón unha profesión.

-O traballo máis gratificante.

-Cada un ten o seu. De todo aprenderrs, pero é certo que as cousas pequenas que fixen en cine e televisión enchéronme máis xa que é o medio audiovisual a onde quero tirar.

"Kamikaze", ¿cal é o seu papel e que lle aporta á carreira?

-En Kamikaze fago de Isidro, un dos pasaxeiros do avión. É un comercial que foi traballar a Rusia e volve a Madrid, e verase envolto en todo o que sucede na película. É unha persoaxe moi divertida e paseino moi ben facéndoo. A experienica aportoume moitas cousas a todos os niveis, persoal e profesional: como se traballa nunha película por dentro, a forma de interpretar que é moito máis contenida que no teatro, a nivel persoal cómo debe un de estar nun set de rodaxe. Espero que traia outras oportunidades, pero xa se verá.

-¿Que próximos traballos ten?

-Agora en Londres estou con dous rapaces de Italia e de Brasil e estamos preparando un show en acústico con covers doutros artistas(...) E mentras tanto, a ver que vai pasando como actor. Aquí tamén o ando intentando.

-¿Por que marchou?

Levaba seis anos en Madrid e sentía que xa non me estaba aportando nada a cidade e non estaba contento. Como me movo por impulsos, decidín vivir a experiencia no estranxeiro que foi algo que sempre me chamou e perfeccionar o inglés. E xa van case dous anos dende entonces.

-Esa experiencia fóra de España, ¿cre que lle vai valer?

-Aparte de voltar cun idioma máis aprendido, é unha experiencia vital impresionante da que polo menos eu aprendo moitísimo. Maduras, sobre todo. Aquí ou te espabilas ou morres.

-O seu actor e director favoritos.

-En España, Almodóvar sen dúbida. Téñome chapadas todas as súas películas, os seus diálogos, as súas personaxes dende que era pequeno. Síntome moi atraído polo seu universo. Fixo máis pola cultura deste país que tres ministerios de cultura xuntos. E a nivel internacional Lars Von Trier remóveme moito. Actores non teño ningún en especial.

-Cando volta a Burela, ¿que lle din os seus paisanos?

-Pois mira... síntome moi querido e moi respetado e agradézoo un montón.

chendo lestao actor burelense que TEN UN PAPEL na recente película de álex pina