Sarabela, Los Suaves, Outono, OUFF, Banda Deseñada ou Festival de Jazz como referencias

La Voz

FIRMAS

30 mar 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

O debate acerca de se Ourense precisa de proxectos de referencia que a convirtan nun espazo con identidade propia na comunidade non se contempla. Os presentes consideran que hai iniciativas con recoñecemento de seu: «Aí están realidades incuestionábeis como Sarabela, como grupo e cos seus festivais, Los Suaves e outras propostas; entre elas o Outono Fotográfico e a Banda Deseñada». Precedo apunta a experiencia do proxecto do «OUFF, que leva case que 20 anos» e Cristina Pato engade citas como «a Festa da Istoria ou a romaría Raigame».

A gaiteira, co debate pechado, acorda: «E o Festival de Jazz do Latino. A todos os sitios que vou tocar en Estados Unidos sempre me atopo con algún músico de jazz que, ao comentarlle que son de Ourense, me di que veu a participar no festival».