«É unha afección á que se suma moita xente moza»

amelia ferreiroa LALÍN /LA VOZ

FIRMAS

Víctor Grande, secretario da Escudería Clásicos o Toxo, organizadora o domingo da Ruta dos Clásicos do Cocido

19 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Por terceiro ano consecutivo a Escudería Clásicos O Toxo organiza a Ruta de Clásicos do Cocido. A cita está fixada para este domingo, a partires das 10 da mañán, cunha concentración de todos os participantes na Praza da Igrexa de Lalín.

-¿Que percorrido teñen previsto realizar nesta ocasión?

-Tendo en conta que xa estivemos facendo percorridos pola comarca en anteriores edicións, apostamos por achegarnos ata o Concello de Beade. Despois de estarmos na Praza da Igrexa cos coches, ata as once aproximadamente, partiremos cara a Dozón pasando logo a Piñor, Cea, Maside e recalar en Beade onde visitaremos as adegas Terras do Castelo. Alí haberá una pequena cata e voltaremos polo Irixo con destino a Vilatuxe onde xantaremos un cocido no Mesón O Cruce, como fixemos na primeira edición.

-¿Cantos vehículos confirmaron a súa participación?

-Entre cincoente e sesenta procedentes de toda Galicia; cifra que se pode multiplar por dous se falamos de comensais que se sentarán a degustar o cocido. O volume de participantes non muda, é moi semellante ao do ano pasado. O que cambian son as caras que se aprecian moitas novas e débese, en boa medida, a que esta terceira edición está aberta ao público fronte ao pasado ano en que era só para asociados.

-¿É unha afección que xunta a máis persoas de certa idade ou máis xente moza?

-É unha afección á que se suma moita xente moza; cada vez máis. Antes estaba máis reservada aos que tiñan máis tempo, ou máis poder adquisitivo, e que eran os dunha determinada idade. Hoxe hai moitos seguidores dos clásicos de 18 a 30 anos. É un mundiño no que podes ver xente de todas as idades, diferentes xeracións que conviven co mesmo interese polos coches clásicos.

-Unha paixón que vai ao peto, ¿é moi cara?

-Todo depende do que queiras gastar e ata onde queiras levar a túa afección. Sempre supón gasto. Mercar unha determinada peza de reposto para un clásico é cara.

-¿Cales serán as vindeiras actividades que promoverán dende a escudería?

-Unha vez rematemos esta rura temos pensado asistir en maio cos nosos coches á Feira dos Carballiños, en Vilatuxe, a onde imos sempre vestidos de época. Logo para o 12 de xullo xa está confirmada a celebración do que será o segundo Rallye de Regularidade Villa de Lalín. A novidade desta edición é que cada participante terá que facer entrega de 10 quilos de produtos para o Banco de Alimentos.

víctor grande secretario da escudería clásicos o toxo