«Camisetas lisas e aburridas pasan a ser únicas e especiais»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

MIGUEL SOUTO

A iniciativa, con dous anos de vida, sacou ao mercado seis coleccións

02 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Non é persoa de interesarse de xeito especial polo mundo da moda pero, dun tempo para acá, Yolanda Rodríguez Segade adica parte das súas horas de lecer ao deseño e confección de camisetas; que posteriormente se encarga de vender Gladys Rocha Blanco.

-Deseña e crea camisetas. É nai de tres nenas pequenas e exerce a súa profesión de maestra de Educación Especial en Ourense, ¿de onde saca o tempo?

-Pois mira, coa porquería de tempo que temos aquí tes que facer algo. Se vivira en Canarias pois posiblemente non me adicaría a facer camisetas senón que estaría na praia coas nenas; pero non é o caso. Eu son persoa de aburrirme moito na casa e tiña que canalizar a miña enerxía en algo; sobre todo despois de deixar os campamentos nos que pasei nove anos felicísimos. Gardo moi boas lembranzas dos anos que estiven nos campamentos de Lalín; dos nenos e dos compañeiros. Bótoos de menos e non descarto voltar despois de pasar por un ciclo de reciclaxe. Ao mellor, en calquera momento, volvo. Vamos que hai que ocupar as horas mortas e antes estaba estudando para as oposicións pero, unha vez que as aprobei, quedábame tempo disponible.

-Seguramente se puido adicar a outro tipo de artigo, ¿por que camisetas?

-Por un soño. Levanteime un sábado de hai dous veráns cunha idea moi clara: facer camisetas. No meu soño ollei perfectamente como ían ser, como as ía elaborar, todo... En setembro voltei cunhas camisetas que lle amosei a Gladys para coñecer a súa opinión ao respecto, ao ser amiga e moi boa profesional á hora de vender; que hai que saber facelo, e propúxenlle que se fixera cargo da venda das mesmas e aí estamos. Os soños dan ideas fantásticas e, dese soño que tiven moi real, naceu este proxecto. Son das que pensa que se te deitas cunha ansia, respecto dalgunha cousa, a noite che axuda a resolvela.

-¿Como son as prendas que saca ao mercado?

-Preciosas... Camisetas lisas e aburridas pasan a ser únicas e especiais. Dende que arrancou a iniciativa xa van alá seis coleccións diferentes: Where are you from, con bonecas de fieltro moi chulas; Pin Up, Ladybird Doll, That Lovely Clogs, Kids, Babyes e tamén complementos para cativas en forma de diademas para o cabelo. Fixen cariñas de bonecas ambientadas en distintos países, despois veu outra colección de bonecas pero diferentes...

-A última incorporación son zocos de fieltro...

-Unha casualidade. Un día chegaron aos meus pes un par de zocos de Elena Ferro, a zoqueira de Merza, e de aí me xurdiu a inspiración de dita colección que persoalmente penso que é moi fermosa. Hai zocos de distintas cores, con tacholas, con teas diferentes... Son coleccións que van cobrando corpo segundo o estado de ánimo no que esté nese momento. Por exemplo, este inverno non saquei ningunha novidade pero xa lle estou dando voltas aos miolos.

yolanda rodríguez e gladys rocha creadora e vendedora de «soypresumida.com»

«A iniciativa xurdiu dun soño que tiven un sábado de hai dous anos»

«As coleccións van cobrando corpo segundo o estado de ánimo no que esté»