«Moitos pais están contentos co servizo»

La Voz

FIRMAS

A figura de acompañante de transporte escolar que comezou sendo un proxecto experimental, segundo lembraba María, pasou a converterse en obrigatorio e artéllase agora ao longo de todo o curso académico.

-É un servizo que vai encamiñado só en exclusiva aos alumnos transportados e hoxendía é obrigatorio para as empresas que realizan o transporte escolar. Lémbrome que nos tres primeiros anos dende a súa posta en funcionamento era optativo. Agora as coidadoras, que así nos chaman os rapaces, desenvolvemos o noso traballo ao longo de todo o curso académico.

-¿Como valoran os pais o seu traballo?

-Se temos en conta que eles mesmos pedían este tipo de servizo creo que son moitos os pais que están contentos coa tarefa de desenvolvemos. Certo é que algún pensa que temos unha serie de obrigas que non temos. Hai quen pensa que temos que cruzar aos cativos e levalos ata a súa aula, e non é así. A nosa obriga para co alumno é dende que entra no autobús, na súa parada de orixe, ata que baixa no seu centro educativo. Os máis pequenos séntense moi arroupados ao contar cunha coidadora no autobús que lles vai axudar en moitas ocasións, por non decir casi todos os días, a subir ao transporte xa que el só non o lograría. Con tres anos son moi pequechos e supónlles un gran esforzo subir as escaleiriñas. Está claro que se nós non estiveramos tería que ser o condutor o que tería que axudarlles a sentarse. Na nosa empresa hai que salientar que os nosos condutores son moi pacientes cos rapaces e sempre están dispostos a botar unha man. Son moi colaboradores.

-¿Algún incidente en todos estos anos?

-Afortunadamente non, e espero que continúe así. Se sacamos aquí algún outro mareo por parte dalgún cativo ou que sangrasen polo nariz non rexistramos ningún incidente salientable.