«Falo de como somos os galegos e como nos ven»

La Voz

FIRMAS

Sergio Pazos.
Sergio Pazos. MARCOS RODRIGUEZ

A crítica política convive coa social no último monólogo do humorista afincado en Madrid

08 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Sergio Pazos estreou o día 26 de xullo Reviento si no lo cuento, que é a versión castelán de Sé galego, my friend, coa que o sábado se presentará en Carballo.

-Hai tempo que nin viña por aquí.

-Si, estiven cunha obra de teatro, pero fun pola volta. Hai pouco estiven en Arteixo, en Cee...

-¿Que pensa de Cándido Pazó?

-Cándido é unha desas persoas que un querería ter como pai. Coñecémonos desde moi novos. Estivemos no Centro Dramático Galego, el era do grupo de Vigo e eu do de Ourense. O que máis recordo é unha vez que nos ofreceu durmir nun barco grandísimo que vixiaba. Foi unha experiencia extraordinaria, creo que incluso nos levou a pasear nunha lancha. A nivel profesional traballei pouco con el e hai tempo que non vexo os seus espectáculos.

-¿Que é «Sé galego, my friend»?

-É unha explicación do que vén sendo ser galego. No cartel levo roupa de muller porque os galegos podemos ir de calquera maneira, en América ou en Hong Kong, é hai algo que nos marca.

-¿Pero de que fala no espectáculo?

-De todo o que é de actualidade, pero con ironía e retranca galega. Por exemplo: os recortes chegaron ata a Deputación de Ourense. En lugar de ter a Baltar agora temos a Baltariño. E do mal que o está a pasar a Casa Real, meus pobres, de Urdangarin... Aí dou un pouco de caña. Pero, sobre todo, falo de como nos ven fóra aos galegos, porque levo moi tempo no centro. Din que somos dependentes porque sempre contestamos a todo que depende. Esa foi a resposta que dou Rajoy cando lle preguntaron quen sería o ministro de Economía. Quixeron saber se sería home ou muller e el dixo: Depende. Estamos encantados de ter un galego 100% en Madrid porque «donde dije digo digo Diego».

-¿Fai crítica política?

-Os do Paramout Comedy fan humor apolítico, moi branco en plan caca, culo, pedo, pis, para xente moi nova. Igual hai que facer concesións ao gran público, pero normalmente é heteroxéneo. Por iso remato coa guerra de sexos, que funciona moi ben. Sempre gañan as mulleres. Creo que se hai xente que nos está a roubar e temos que dicilo. Hai que chamar ás cousas polo seu nome.

sergio pazos actor